Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 18 de setembro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se notifica liquidación de reintegros de pagamentos indebidos á entidade que se sinala (Gesrubber, S.A.).

De conformidade co disposto na Orde do 21 de xullo de 1998, pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, pensións asistenciais e subsidios económicos, e segundo establece o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, liquidación de reintegros do importe que se indica e polo concepto que se sinala, á entidade que se relaciona no anexo.

O pagamento deberá efectuarse dentro dos prazos fixados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, é dicir, as débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior, e as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

O documento de ingreso estará á disposición dos interesados no Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Coruña, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres. O ingreso poderá efectuarse na caixa da propia delegación territorial ou en calquera das entidades colaboradoras autorizadas.

Transcorrido o prazo para o aboamento sen que este teña lugar, procederase ó seu cobramento de acordo co procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio na vía executiva.

A Coruña, 18 de setembro de 2001.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Gesrubber, S.A. DNI: A36781714. Rúa Reconquista 11-1º D, Vigo.

Concepto/órgano/expediente: reintegro execución dous avais. Igape. 1995/15/000/Igape/1999.

Importe: 484.331.033 pesetas (2.910.888,13 A).