Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña (código convenio 1500985) que tivo entrada na delegación provincial o día 2-8-2001 e posteriormente rectificado o 22-8-2001, subscrito en representación da parte económica por Asoemar e, da parte social, por CC.OO., CIG e UGT o día 23-7-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de agosto de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Ana Mª Lado Eiriz

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña

Capítulo I

Sección primeira

Ámbito funcional

Artigo 1º

Este convenio é de aplicación a tódalas empresas dedicadas á actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, tanto mecánica como manual.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de ámbito provincial e afecta os centros de traballo sitos no territorio da provincia da Coruña, aínda cando o domicilio da empresa se ache fóra desta.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan afectados polo presente convenio tódolos traballadores, sexa cal for a súa categoría, que durante a súa vixencia presten os seus servicios baixo a dependencia e pola conta das empresas afectadas no seu ámbito territorial, sen máis excepcións que as que marque a lei.

Sección segunda

Vixencia e duración

Artigo 4º

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2001 e a súa duración será ata o 31 de decembro de 2003.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión ou revisión do presente convenio deberase realizar cunha anticipación de tres meses do seu final ou da prórroga en curso. A denuncia efectuarase mediante comunicación escrita á outra parte, así como á autoridade laboral, contándose o prazo desta desde a data de recepción da referida comunicación.

Co fin de comeza-la negociación do convenio na segunda quincena do mes de xaneiro seguinte á finalización da vixencia considerada no artigo 4º, a plataforma sindical deberá remitirse á representación económica dentro do mes de decembro do ano anterior. No caso de incumprimento, non procederá o aboamento de atrasos.

Sección terceira

Prelación de normas

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán con carácter preferente e prioritario as relacións entre traballadores e empresarios afectados por el. No non previsto neste convenio aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións oficiais de aplicación.

Artigo 7º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor. Non obstante, as condicións superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor do presente convenio e que, con carácter global, excedan del en cómputo anual, serán respectadas.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas globalmente. En caso de autoridade competente non homologar algún dos pactos, o convenio quedará sen efecto e deberá procederse á reconsideración da súa totalidade.

Sección cuarta

Comisión mixta de interpretación

Artigo 9º

Constitúese unha comisión mixta de interpretación, presidida pola persoa que se designe na primeira reunión que se realice. Quedará constituída por catro representantes dos traballadores e catro empresarios, os cales serán designados pola central ou centrais sindicais asinantes e pola Asociación de Empresarios Marmolistas de la Provincia de A Coruña (Asoemar), de entre os que no seu día negociaron e pactaron este texto.

Para a adopción de acordos, será necesaria a conformidade da metade máis un dos compoñentes.

Nomearase secretario a un vocal da comisión, e poderán asisti-los asesores da ámbalas representacións, con voz pero sen voto.

Capítulo II

Sección primeira

Condicións económicas. Normas xerais

Artigo 10º

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas de salarios e antigüidade, que se xuntan como anexo e se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 11º.-Pagamento de haberes.

Efectuarase dentro dos cinco primeiros días do mes seguinte ó seu devengo e con dereito por parte do traballador a solicitar anticipos quincenais á conta dos salarios que teña devengados, co tope establecido pola lexislación vixente.

Sección segunda

Salario base

Artigo 12º

Entenderase por tal, o que figura para cada categoría e profesión na táboa salarial (anexo I).

Sección terceira

Complementos e suplidos

Artigo 13º

Tódolos complementos contidos neste convenio, serán aboados por día efectivo de traballo.

Igualmente, e por faltar ó traballo sen causa xustificada, alén do disposto no artigo 34º, perderase o dereito á percepción tanto do salario como dos complementos correspondentes ó día da falta.

Artigo 14º.-Complemento de asistencia.

Aboaráselles a tódolos traballadores na contía sinalada na táboa salarial que figura como anexo I ó presente convenio.

Artigo 15º.-Complemento de distancia e transporte.

Co fin de simplifica-lo cómputo da distancia do domicilio do traballador ó centro de traballo, aboa

ráselles a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia entre o domicilio e o centro de traballo, de acordo coas cantidades que figuran na táboa de salarios e que se recollen no anexo I deste convenio.

Artigo 16º.-Complemento de perigosidade.

O incremento que se levará a cabo por este concepto consistirá no 20% sobre o salario base. Se o traballador realizase os traballos unicamente durante media xornada, a porcentaxe anteriormente citada reducirase á metade.

As cantidades iguais ou superiores ó complemento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polo dito concepto e, neste caso, non será esixible o aboamento de incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-lo citado aumento, aquelas empresas que o teñan incluído, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

Se por calquera causa desaparecesen as condicións motivadoras da percepción do citado complemento, este deixarase de aboar, non tendo por tanto carácter consolidable.

En caso de discrepancia entre ámbalas partes sobre se un traballo ten a cualificación ou non, de perigoso, aplicarase o que dispoña a autoridade laboral competente, mediante resolución fundada e logo dos informes técnicos oportunos.

A dita resolución poderá ser impugnada polas partes, de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Para cada ano de vixencia do convenio incrementaranse os salarios no 3,5 % (anexo I).

Artigo 18º.-Cláusula de revisión salarial.

Esta cláusula funcionará sempre e cando os IPC rexistrados no 31-12-2001, 31-12-2002 e 31-12-2003, excedan do 2,5%. Este exceso aplicarase sobre as táboas salariais vixentes no 31-12-2000, 31-12-2001 e 31-12-2002, respectivamente. A súa aplicación retrotraerase ó 1 de xaneiro do mesmo ano.

Artigo 19º.-Haberes extraordinarios.

A tódolos traballadores afectados por este convenio, aboaránselles dúas pagas ó ano, nos meses de xullo e decembro (anexo II), ademais da correspondente a beneficios, a cal xa está rateada en doce meses e figura incluída no salario base.

As pagas aboaranse a razón de trinta días de salario base, máis antigüidade, se é o caso.

Destas quedan excluídas as gratificacións a que fan referencia os artigos 14º, 15º e 16º deste convenio. Os traballadores percibirán estas proporcionalmente ó tempo traballado.

Sección quinta

Retribucións condicionais

Artigo 20º.-Axudas de custo por desprazamento.

O persoal con dereito a axuda de custo, percibirá polo dito concepto a cantidade de 2.500 pesetas a completa e de 900 pesetas a media axuda de custo, para tódalas categorías profesionais. Non obstante, nos supostos en que os importes expresados non alcanzasen, aboaráselle ó traballador a diferencia correspondente e presenta-la factura ou facturas.

Artigo 21º.-Xubilación anticipada.

Se esta se produce no ano anterior ó da idade de xubilación, a empresa estará obrigada a substituí-lo dito traballador por outro e por un período dun ano.

Sección sexta

Vacacións

Artigo 22º

Serán de trinta días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio, e durante elas percibirase o salario base e máis a antigüidade, se é o caso, e os complementos de asistencia e de distancia e transporte correspondentes ós días que, de estar traballando, tería percibido.

O seu desfrute realizarase en dous períodos, quince días no verán, é dicir, nos meses de xuño, xullo e agosto e, os quince días restantes, noutra época distinta do ano, de conformidade coas necesidades da empresa.

Así mesmo, garánteselles a tódolos traballadores un desfrute de vinteún días laborables, no conxunto dos dous períodos anteriormente sinalados.

Artigo 23º.-Licencias.

As licencias previstas e reguladas no Estatuto dos traballadores compleméntanse e precísanse nos seguintes termos:

a) Casamento do traballador: 15 días naturais retribuídos.

b) Falecemento: a licencia en caso de falecemento de esposa e fillos, ben como pais, pais políticos e irmáns, será de 5 días.

c) Parto de esposa: será sempre de 5 días.

d) Enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos: 2 días. (Para que esta alínea teña plena validez, o traballador deberá presentar á empresa o correspondente informe médico no que conste a gravidade da enfermidade).

Polo que se refire a outros supostos, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou norma complementaria.

As retribucións correspondentes ós días de licencia serán: salario base, antigüidade e complemento de asistencia.

Sección sétima

Antigüidade

Artigo 24º

As bonificacións por anos de servicios (antigüidade) están conxeladas e, o seu cálculo, farase sobre o salario base do convenio do ano 1979.

Os aumentos polo dito concepto serán de dous bienios do cinco por cento e quinquenios do sete por cento, ata un máximo de tres.

As percepcións por antigüidade figuran reflectidas no anexo I.

Capítulo III

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Será de 40 horas semanais, de luns a venres. Non obstante, as empresas, de conformidade cos traballadores, poderán altera-la dita xornada semanal e traballar a mañá do sábado, sempre que non se exceda das anteriormente citadas 40 horas.

A xornada laboral, en cómputo anual, queda establecida en 1.780 horas para o primeiro ano, 1.772 horas para o segundo ano e 1.764 horas para o último ano de vixencia.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-las horas extraordinarias con tempos equivalentes de descanso.

No suposto de se realiza-la compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas.

Artigo 27º.-Aviso previo de cesamento.

Cando un traballador desexe cesar no servicio dunha empresa, deberá avisar previamente cunha anticipación mínima de oito días respecto da data en que se produza a baixa. No caso de incumprimento desta obriga, perderase o dereito a percibi-las partes proporcionais dos emolumentos que lle puidesen corresponder pola liquidación.

A notificación do cesamento realizarase mediante escrito duplicado dirixido á empresa e asinado polo traballador. A empresa devolveralle ó traballador un exemplar como comprobante da recepción, facendo consta-la data de presentación. Co fin de dar fácil cumprimento á norma, a empresa facilitaralle ó traballador os medios para este trámite administrativo.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas subministraranlle a todo o persoal unha peza de roupa de traballo, consistente nunha praieira, bata, funda ou similar. A súa conservación e limpeza será por conta do traballador, quen a deberá manter en perfecto estado de conservación e uso. Por unha deterioración ostensible procederase á entrega dunha nova peza de roupa.

A roupa citada neste artigo poderá leva-lo anagrama da empresa se esta o desexa.

Artigo 29º.-Póliza de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de accidentes para a cobertura e os riscos de falecemento e invalidez permanente absoluta, e invalidez permanente total dos traballadores por accidente de traballo, incluídos os accidentes in itinere, que garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de falecemento producido fortuíta, espontánea e independentemente da vontade do traballador, ou a invalidez indicada, a percepción das indemnizacións seguintes:

a) 4.000.000 de pesetas en caso de falecemento do traballador.

b) 5.500.000 pesetas en caso de invalidez permanente absoluta ou invalidez permanente total, derivada da mesma continxencia.

En ámbolos casos, a referida póliza só abranguerá os procesos indicados a partir da súa vixencia e validez. Para os efectos da cualificación de accidente e o grao de invalidez, será o que, no seu día, dictamine a autoridade competente.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que poida corresponder percibir ó traballador da Seguridade Social ou montepío.

Non obstante o exposto anteriormente, as indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo ó contrato de seguro de accidentes que contén este convenio, considéranse como entregas á conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, compensándoas ata onde alcancen.

As empresas integradas en Asoemar non estarán obrigadas a efectuar ningún desembolso á conta da indemnización que se perciba, senón que, só estarán obrigadas a comunica-lo accidente do traballador á súa organización empresarial ou á compañía de seguros, do accidente con resultado de morte, invalidez permanente total ou absoluta. A partir deste momento toda a tramitación será por conta dos herdeiros ou do traballador accidentado.

Artigo 30º.-Complemento de hospitalización.

En caso de IT derivada de accidente, a empresa procederá a completar durante os dous primeiros meses ata o 100 % da base reguladora.

A hospitalización por accidente será válida sempre e cando, este teña a consideración de laboral.

Artigo 31º.-Transporte con vehículo propio.

O transporte que utilizarán os traballadores será, prioritariamente, o propio da empresa.

No suposto de a empresa e o traballador chegaren a un acordo, este poderá utiliza-lo seu propio vehículo para realizar servicios da empresa, que estará obrigada entón a lle aboar ó seu traballador sesenta pesetas por quilómetro percorrido.

Sección oitava

Contratación

Artigo 32º.-Contrato de obra ou servicio determinado.

É o contrato que ten por obxecto a realización de obras ou servicios, determinados, e formalizarase por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra ou servicio, con independencia da súa duración, e finalizará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador.

O cesamento do traballador deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades faga innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra ou servicio.

A duración, se fose superior a un ano, á finalización da obra ou servicio, para proceder á extinción, será preciso un aviso previo con 15 días de anticipación. Se se incumprise por parte da empresa, esta ten a obriga de indemnizar polo equivalente ós salarios correspondentes ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento.

2. Non obstante o anteriormente exposto, o traballador contratado poderá presta-los seus servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dentro da provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la condición e devengando os conceptos que correspondan polo seu desprazamento.

Neste suposto, a empresa deberalle comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de se cumpri-lo período máximo de tres anos, fixado no parágrafo anterior. Cumprido este período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. Canto ó aviso previo de cesamento, aplicarase o pactado no parágrafo terceiro do punto 1.

3. Se se producise a paralización temporal dunha obra ou servicio por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, logo de que a empresa dea conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operará a terminación de obra ou servicio e, por tanto, o cesamento previsto no punto 1. A representación dos traballadores no centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a súa notificación. O empresario contrae a obriga de ofrecer un novo emprego ó traballador cando as cau

sas de paralización da obra desaparecesen. Esta obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra ou servicio poderá incluírse no regulado no punto 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

4. En tódolos supostos regulados nos puntos anteriores, establécese unha indemnización por cesamento do 4,5%, calculada sobre o salario base aplicable, devengado durante a vixencia do contrato.

Os empresarios poderanse acoller á normativa xeral que regula o presente contrato ou optar polo pactado e recollido neste artigo. Neste último suposto, deberase facer referencia expresa a el.

Artigo 33º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

Este contrato ten como finalidade atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

De conformidade co regulado polo R.D.L.G. 1/1995, segundo redacción dada polo R.D.L. 8/1997, a duración máxima establecida para este tipo de contrato é ampliable dentro dos límites establecidos pola normativa mencionada, mediante negociación colectiva.

O sector de elaboración e instalación de pedra e mármore, obxecto de regulación, resulta fluctuante na súa intensidade productiva en función das circunstancias conxunturais e cíclicas da economía. Esta conclusión conduce, inevitablemente, a que as posibilidades do sector se enmarquen nun amplo concepto de existencias circunstanciais do mercado que impliquen transitorias acumulacións de tarefas ou pedidos. Estas circunstancias resultan ser ciclicamente constantes no tempo e de relativa permanencia temporal dentro dos ciclos cambiantes da economía.

Por todo isto, as partes asinantes acordan adapta-las condicións singulares do sector mentres persistan as circunstancias de emprego e productividade.

Os contratos de duración inferior a seis meses poden prorrogarse cantas veces o acorden as partes.

O período máximo dentro do cal se poderá realizar será de dezaoito meses, non podendo supera-la duración do contrato as tres cuartas partes do período de referencia establecido nin, como máximo, doce meses.

Á terminación do contrato, a empresa quedará obrigada a lle satisfacer ó traballador unha indemnización de vinte días de salario base por ano de servicio, ou parte proporcional que corresponda.

Os contratos que se realicen baixo esta modalidade conterán unha referencia expresa ó presente artigo.

Artigo 34º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas do sector que contraten traballadores a través das empresas de traballo temporal, farano para a realización de traballos non habituais, excepto cando se trate de incapacidades laborais ou situacións consideradas de carácter extraordinario.

Desde a sinatura do oportuno contrato, os ditos traballadores terán os mesmos dereitos retributivos que calquera outro do cadro de persoal, de conformidade co recollido no presente convenio.

Artigo 35º.-Parte de traballo.

As empresas que na actualidade viñan utilizando o parte de traballo continuarán facéndoo na forma habitual sen obriga de asinaren e dentro da xornada laboral.

Naquelas empresas nas que na actualidade non se confeccione o dito parte, poderá ser negociada entre empresarios e traballadores a súa implantación.

Artigo 36º.-Día efectivo de traballo.

Entenderase por tal e para os efectos dos artigos 14º, 15º e 16º deste convenio, cando o traballador preste os seus servicios polo menos durante catro horas.

Será así cando se trate de xornada completa, e proporcional cando a xornada sexa a tempo parcial.

Artigo 37º

Non obstante ter sido derrogada a ordenanza de traballo da construcción, vidro e cerámica, aprobada por orde ministerial do 28 de agosto de 1970, e demais disposicións de modificación ou desenvolvemento que conclúen coa Orde do 29 de novembro de 1973, estarán vixentes, para os efectos do presente convenio, os artigos 154, 155, 156, 157, 158, 159, 160 e 161, da referida ordenanza, sempre e

cando o seu contido non se opoña á lexislación vixente.

Igualmente, e con obxecto de ámbalas partes se comprometeren no obxectivo común de procurar unha diminución dos riscos laborais do traballador, este terá a obriga de face-la recepción, coa súa sinatura, dos medios de protección que lle entregue a empresa. Non cumprir tal requisito pode ser considerado como falta leve ou, no caso de persistir na mesma actitude, a súa consideración será de grave.

A inobservancia das ordes ou o incumprimento das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo, dependendo de se supón un risco grave para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros, así como negarse á utilización dos medios de seguridade facilitados pola empresa, considerarase como grave e, se o dito motivo fose o causante dun accidente laboral grave, implicase prexuízos graves para os seus compañeiros ou para terceiros, ou danos graves para a empresa, a súa consideración será de moi grave.

Disposición adicional

Os atrasos que correspondan polos incrementos económicos aboaranse no prazo máximo de tres meses despois da publicación do convenio ou táboa salarial actualizada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Faise consta-la vontade das partes para presentar e negocia-los datos relativos a rendementos aplicables no nivel de empresa e pactados no seu seo, de acordo entre representantes ou representantes dos traballadores e o empresario.

Estas táboas de rendementos servirán de base para redactar outra de aplicación a nivel provincial, logo da súa negociación.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, vixente para o período 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI

Salario base-117.109,00117.217,00117.322,00117.473,00117.623,00117.770,00

Antigüidade-0,001.080,002.160,003.690,005.220,006.720,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Complemento de distancia e transporte-20.335,0020.335,0020.335,0020.335,0020.335,0020.335,00

Salario mensual-166.762,00157.950,00159.136,00160.816,00162.496,00164.143,00

Grupo cotización Seguridade Social (5)

Oficial administrativo de 2ªVIII

Salario base-113.411,00113.517,00113.618,00113.763,00113.905,00114.048,00

Antigüidade-0,001.050,002.100,003.570,005.040,006.480,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Complemento de distancia y transporte-19.795,0019.795,0019.795,0019.795,0019.795,0019.795,00

Salario mensual-152.524,00153.680,00154.831,00156.446,00158.058,00159.641,00

Grupo cotización Seguridade Social (5)

Auxiliar administrativoIX

Salario base-107.124,00107.226,00107.326,00107.461,00107.599,00107.735,00

Antigüidade-0,00990,002.010,003.390,004.800,006.180,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Complemento de distancia e transporte-8.497,008.497,008.497,008.497,008.497,008.497,00

Salario mensual-134.939,00136.031,00137.151,00138.666,00140.214,00141.730,00

Grupo cotización Seguridade Social (7)

Encargado xeralIV

Salario base-138.731,00138.858,00139.165,00139.169,00139.352,00139.543,00

Antigüidade-0,001.320,002.640,004.470,006.330,008.280,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Complemento de distancia e transporte-23.308,0023.308,0023.308,0023.308,0023.308,0023.308,00

Salario mensual-181.367,00182.804,00184.431,00186.265,00188.308,00190.449,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 1ªVI

Salario base-121.759,00121.870,00121.983,00122.139,00122.294,00122.447,00

Antigüidade-0,001.140,002.280,003.870,005.430,007.020,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Complemento de distancia e transporte-21.725,0021.725,0021.725,0021.725,0021.725,0021.725,00

Salario mensual-162.802,00164.053,00166.306,00167.052,00168.767,00170.510,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 2ªVII

Salario base-112.909,00113.014,00113.115,00113.258,00113.399,00113.544,00

Antigüidade-0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00

Complemento de asistencia-19.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,0019.318,00

Complemento de distancia e transporte-21.462,0021.462,0021.462,0021.462,0021.462,0021.462,00

Salario mensual-153.689,00154.844,00155.965,00157.578,00159.159,00160.774,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Xefe de tallerVI

Salario base-4.063,004.067,004.076,004.076,004.082,004.086,00

Antigüidade-0,0037,0074,00125,00176,00228,00

Salario diario-4.063,004.104,004.150,004.201,004.258,004.314,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-968,00968,00968,00968,00968,00968,00

Salario por día traballado-5.910,005.951,005.997,006.048,006.105,006.161,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Encargado de obraVI

Salario base-4.024,004.027,004.032,004.037,004.044,004.049,00

Antigüidade-0,0036,0073,00124,00174,00225,00

Salario diario-4.024,004.063,004.105,004.161,004.218,004.274,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-893,00893,00893,00893,00893,00893,00

Salario por día traballado-5.796,005.865,005.877,005.933,005.990,006.046,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

CapatazVII

Salario base-3.958,003.962,003.965,003.970,003.974,003.980,00

Antigüidade-0,0035,0072,00122,00171,00222,00

Salario diario-3.958,003.997,004.037,004.092,004.145,004.202,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-911,00911,00911,00911,00911,00911,00

Salario por día traballado-5.748,005.787,005.827,005.882,005.935,005.992,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

ModelistaVII

Salario base-4.045,004.049,004.052,004.056,004.061,004.065,00

Antigüidade-0,0037,0074,00125,00176,00228,00

Salario diario-4.045,004.086,004.126,004.181,004.237,004.293,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-958,00958,00958,00958,00958,00958,00

Salario por día traballado-5.882,005.923,005.963,006.018,006.074,006.130,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

AdornistaVII

Salario base-4.054,004.057,004.060,004.064,004.071,004.076,00

Antigüidade-0,0037,0074,00125,00176,00228,00

Salario diario-4.054,004.094,004.134,004.189,004.247,004.304,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-793,00793,00793,00793,00793,00793,00

Salario por día traballado-5.726,005.766,005.806,005.861,005.919,006.976,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Oficial 1ª de oficioVIII

Salario base-3.941,003.945,003.949,003.954,003.958,003.963,00

Antigüidade-0,0035,0071,00121,00170,00220,00

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Salario diario-3.941,003.980,004.020,004.075,004.128,004.183,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-1.034,001.034,001.034,001.034,001.034,001.034,00

Salario por día traballado-5.854,005.893,005.933,005.988,006.031,006.096,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

Oficial 2ª de oficioIX

Salario base-3.827,003.832,003.835,003.839,003.843,003.848,00

Antigüidade-0,0035,0069,00118,00166,00215,00

Salario diario-3.827,003.867,003.904,003.957,004.009,004.063,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-763,00763,00763,00763,00763,00763,00

Salario por día traballado-5.469,005.509,005.546,005.599,005.651,005.705,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

AxudanteX

Salario base-3.748,003.752,003.755,003.759,003.763,003.769,00

Antigüidade-0,0034,0068,00116,00163,00211,00

Salario diario-3.748,003.786,003.823,003.875,003.926,003.980,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-623,00623,00623,00623,00623,00623,00

Salario por día traballado-5.250,005.288,005.326,005.377,005.428,005.482,00

Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón especializadoXI

Salario base-3.686,003.689,003.692,003.696,003.699,003.704,00

Antigüidade-0,0034,0067,00114,00161,00208,00

Salario diario-3.686,003.723,003.759,003.810,003.860,003.912,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-494,00494,00494,00494,00494,00494,00

Salario por día traballado-5.059,005.096,005.132,005.183,005.233,005.286,00

Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón ordinarioXII

Salario base-3.601,003.649,003.641,003.644,003.648,003.653,00

Antigüidade-0,0033,0066,00113,00159,00206,00

Salario diario-3.601,003.682,003.707,003.757,003.807,003.859,00

Complemento de asistencia-879,00879,00879,00879,00879,00879,00

Complemento de distancia e transporte-358,00358,00358,00358,00358,00358,00

Salario por día traballado-4.838,004.919,004.944,004.994,005.044,005.096,00

Grupo cotización Seguridade Social (10)

Aprendices 1º e 2º anoXIV

Salario base-1.976,00

Antigüidade-0,00

Salario diario-1.976,00

Complemento de asistencia-879,00

Complemento de distancia e transporte-172,00

Salario por día traballado-3.027,00

Grupo cotización Seguridade Social (11)

NOTA: a paga de beneficios figura incluída no salario base deste anexo I.

A antigüidade das categorías reflectidas na táboa salarial -con salario mensual- está calculada con base nun mes de 30 días, mentres que os complementos, en xeral, o están con base en 22 días.

Os conceptos cotizables a Seguridade Social son: salario, antigüidade e complemento de asistencia.

ANEXO II

Haberes extraordinarios artigo 19 do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore da provincia da Coruña, vixente para o período 1-1 ó 31-12-2001

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Oficial administrativo de 1ªVI

Salario base-107.784,00107.784,00107.784,00107.784,00107.784,00107.784,00

Antigüidade-0,001.080,002.160,003.690,005.220,006.720,00

Importe total paga extra-107.784,00108.864,00109.944,00111.474,00113.004,00114.504,00

Grupo cotización Seguridade Social (5)

Oficial administrativo de 2ªVIII

Salario base-104.688,00104.688,00104.688,00104.688,00104.688,00104.688,00

Antigüidade-0,001.050,002.100,003.570,005.040,006.480,00

Importe total paga extra-104.688,00105.738,00106.788,00108.258,00109.728,00111.168,00

Grupo cotización Seguridade Social (5)

Auxiliar administrativoIX

Salario base-98.999,0098.999,0098.999,0098.999,0098.999,0098.999,00

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Antigüidade-0,00990,002.010,003.390,004.800,006.180,00

Importe total paga extra-98.999,0099.989,00101.009,00102.389,00103.799,00105.179,00

Grupo cotización Seguridade Social (7)

Encargado xeralIV

Salario base-128.058,00128.058,00128.058,00128.058,00128.058,00128.058,00

Antigüidade-0,001.320,002.640,004.470,006.330,008.280,00

Importe total paga extra-128.058,00129.378,00130.698,00132.528,00134.388,00136.338,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 1ªVI

Salario base-112.392,00112.392,00112.392,00112.392,00112.392,00112.392,00

Antigüidade-0,001.140,002.280,003.870,005.430,007.020,00

Importe total paga extra-112.392,00113.532,00114.672,00116.262,00117.822,00119.412,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Delineante de 2ªVII

Salario base-104.223,00104.223,00104.223,00104.223,00104.223,00104.223,00

Antigüidade-0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00

Importe total paga extra-104.223,00105.273,00106.293,00107.763,00109.203,00110.673,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Xefe de tallerVI

Salario base-112.551,00112.551,00112.551,00112.551,00112.551,00112.551,00

Antigüidade-0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00

Importe total paga extra-112.551,00113.661,00114.771,00116.301,00117.831,00119.391,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Encargado de obraVI

Salario base-111.455,00111.455,00111.455,00111.455,00111.455,00111.455,00

Antigüidade-0,001.080,002.190,003.720,005.220,006.750,00

Importe total paga extra-111.455,00112.635,00113.645,00115.175,00115.175,00118.205,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

CapatazVII

Salario base-109.617,00109.617,00109.617,00109.617,00109.617,00109.617,00

Antigüidade-0,001.050,002.160,003.660,005.130,006.660,00

Importe total paga extra-109.617,00110.667,00111.777,00113.277,00114.747,00116.277,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

ModelistaVII

Salario base-111.985,00111.985,00111.985,00111.985,00111.985,00111.985,00

Antigüidade-0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00

Importe total paga extra-111.985,00113.095,00114.205,00115.735,00117.265,00118.825,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

AdornistaVII

Salario base-112.232,00112.232,00112.232,00112.232,00112.232,00112.232,00

Antigüidade-0,001.110,002.220,003.750,005.280,006.840,00

Importe total paga extra-112.232,00113.342,00114.452,00115.982,00117.512,00118.997,00

Grupo cotización Seguridade Social (4)

Oficial 1ª de oficioVIII

Salario base-109.157,00109.157,00109.157,00109.157,00109.157,00109.157,00

Antigüidade-0,001.050,002.130,003.630,005.100,006.600,00

Importe total paga extra-109.157,00110.207,00111.287,00112.787,00114.257,00115.757,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

Oficial 2ª de oficioIX

Salario base-105.975,00105.975,00105.975,00105.975,00105.975,00105.975,00

Antigüidade-0,001.050,002.070,003.540,004.980,006.450,00

Importe total paga extra-105.975,00107.025,00108.045,00109.515,00110.955,00112.425,00

Grupo cotización Seguridade Social (8)

AxudanteX

Salario base-103.785,00103.785,00103.785,00103.785,00103.785,00103.785,00

Antigüidade-0,001.020,002.040,003.480,004.890,006.330,00

Importe total paga extra-103.785,00104.805,00105.825,00107.265,00108.675,00110.115,00

Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón especializadoXI

Salario base-102.019,00102.019,00102.019,00102.019,00102.019,00102.019,00

Antigüidade-0,001.020,002.010,003.420,004.830,006.240,00

Importe total paga extra-102.019,00103.039,00104.029,00105.439,00106.849,00108.259,00

Grupo cotización Seguridade Social (9)

Peón ordinarioXII

Salario base-100.603,00100.603,00100.603,00100.603,00100.603,00100.603,00

Antigüidade-0,00990,001.980,003.390,004.770,006.180,00

Importe total paga extra-100.603,00101.593,00102.583,00103.993,00105.373,00106.783,00

Categorías e conceptosNivelSen antigüidade

(--)

5% antigüidade

(2 anos)

10% antigüidade

(4 anos)

17% antigüidade

(9 anos)

24% antiguidade

(14 anos)

31% antigüidade

(19 anos)

Grupo cotización Seguridade Social (10)

Aprendices de 1º e 2º anoXIV

Salario base-54.720,00

Antigüidade-0,00

Importe total paga extra-54.720,00

Grupo cotización Seguridade Social (11)

NOTA: as pagas extras aboaranse nos meses de xullo e decembro, a razón de 30 días de salario base e antigüidade, de conformidade co disposto na presente táboa salarial, e serán percibidas proporcionalmente ó tempo traballado.

ANEXO III

Táboa salarial anual do convenio colectivo de traballo para a actividade de elaboración e instalación de pedra e mármore, correspondente ó ano 2001

Oficial administrativo de 1ª2.096.712 pesetas.

Oficial administrativo de 2ª2.039.664 pesetas.

Auxiliar administrativo1.817.266 pesetas.

Encargado xeral2.432.384 pesetas.

Delineante de 1ª2.178.408 pesetas.

Delineante de 2ª2.052.714 pesetas.

Xefe de taller2.127.366 pesetas.

Encargado de obra2.093.914 pesetas.

Capataz2.070.234 pesetas.

Modelista2.117.394 pesetas.

Adornista2.083.718 pesetas.

Oficial 1ª de oficio2.091.030 pesetas.

Oficial 2ª de oficio1.981.539 pesetas.

Axudante1.916.544 pesetas.

Peón especializado1.861.099 pesetas.

Peón ordinario1.599.270 pesetas.

Aprendices de 1º e 2º ano1.069.257 pesetas.

Os salarios reflectidos no presente anexo son meramente estimativos, posto que os integran conceptos fixos e outros que o son por día traballado; por este motivo aplicarase, en todo momento, o disposto no anexo I.