Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.093

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de outubro de 2001 polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico na provincia de Ourense a Festa do Pemento de Arnoia e a Festa dos Maios de Ourense.

O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 4 de outubro de 2001 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festas de Galicia de interese turístico na provincia de Ourense a Festa do Pemento de Arnoia e a Festa dos Maios de Ourense, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febrerio, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo