Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para subministración a esta deputación de vehículos e colectores para recollida de residuos sólidos urbanos.

De conformidade co acordado pola corporación provincial, na sesión do 28 de setembro último, convócase concurso para subministración a esta deputación de vehículos e colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos, co seguinte detalle:

Lote nº 1: subministración de 660 unidades de colector, de 800 litros de capacidade, para a recollida de RSU; 436 unidades de colector, de 800 litros, para a recollida selectiva de envases; 119 unidades de colector, de 360 litros, para a recollida selectiva de vidro; 119 unidades de colector, de 360 litros, para a recollida selectiva de papel/cartón; 50 unidades de colector, tipo Iglú, de 2.500 litros, para a recollida selectiva de vidro; 50 unidades de colector, tipo Iglú, de 2.500 litros, para a recollida selectiva de papel/cartón. Tipo de licitación: 235.005,43 euros.

Lote nº 2: cinco camións de recollida de residuos sólidos urbanos, con caixa de 12 m de capacidade. Tipo de licitación: 534.900,77 euros.

Lote nº 3: cinco camións de recollida de residuos sólidos urbanos con caixa de 16 m de capacidade. Tipo de licitación: 588.992,87 euros.

Os pregos de condicións íntegros publícanse no BOP do día 1 do actual, e seralles facilitado gratuitamente a tódolos que o soliciten ó teléfono: 988 38 51 00 ou fax: 988 38 51 84.

A presentación de ofertas e documentación debe realizarse no rexistro xeral da deputación ata as 13 horas do día 26 de novembro do ano actual. A apertura de ofertas realizarase o día 4 de decembro, ás 11 horas, no pazo provincial. No caso de recibirse anuncio de ofertas por correo, sen que a documentación teña entrada antes do día 4 de decembro, o acto de apertura celebraríase o día 11 do mesmo mes, ás 11 horas.

Garantías: provisional do 2% do tipo de licitación; definitiva do 4% do importe da adxudicación.

Ourense, 4 de outubro de 2001.

O presidente

Rubricado