Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001 pola que se nomea a comisión permanente de selección prevista no Regulamento para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal da Deputación Provincial da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 5 do vixente Regulamento regulador da selección de persoal funcionario interino e laboral temporal desta deputación provincial (BOP nº 214, do 17-9-1998), nomear con efectos a esta data a comisión permanente de selección prevista no dito precepto, por substitución de varios dos seus integrantes, que estará formada polos membros que a seguir se indican:

-Presidente:

Titular: Dositeo Rodríguez Rodríguez, deputado provincial, vicepresidente 2º.

Suplente: José Luis Fernández Mouriño, deputado provincial.

-Vocais representantes da corporación:

Titular 1: Sagrario Liaño Pedreira, xefa da Sección de Servicios Sociais.

Suplente 1: Álvaro García López, director do Servicio de Asistencia a Municipios.

Titular 2: Ana Marcos García, xefa do Servicio de Persoal.

Suplente 2: Luis Franco García, xefe do Negociado de Persoal.

Titular 3: María José López Pérez, xefa do Sección de Persoal.

Suplente 3: María Dolores Paredes Ameijeiras, xefa do Negociado de Persoal.

-Vocais representantes sindicais:

Titular 1: Manuel Rey Piñeiro, proposto pola Xunta de Persoal.

Suplente 1: Eduardo Ramallal Martínez, proposto pola Xunta de Persoal.

Titular 2: Juan Manuel Rey Vázquez, proposto pola Xunta de Persoal.

Suplente 2: Rafael Díaz-Aguado Jalón, proposto pola Xunta de Persoal.

Titular 3: Ana María Guimarey Álvarez, proposta polo comité de empresa.

Suplente 3: Jorge Muñoz Martínez, proposto polo comité de empresa.

-Secretario:

Titular: José Luis Almau Supervía, secretario xeral da corporación.

Suplente: Luis Jaime Rodríguez Fernández, xefe do Servicio de Patrimonio e Contratación.

A Coruña, 3 de setembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almnau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña