Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.080

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

VECIÑAS DE VIGO, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA DE VIVENDAS

FUSIÓN por absorción das sociedades cooperativas galegas de vivendas Covigo e Eurovigo por Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas.

Comunícase, segundo artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que nas respectivas asembleas xerais extraordinarias dos días 22 e 23 de setembro de 2001 aprobouse por unanimidade o acordo de fusión polo que Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas absorbe a Covigo S. Coop. Galega de Vivendas e a Eurovigo S. Coop. Galega de Vivendas. A entidade resultante da fusión será a sociedade cooperativa de 1º grao e de vivendas denominada Veciñas de Vigo, S. Coop. Galega de Vivendas, con domicilio social na rúa Redondela nº 6, 36209 Vigo. Tódolos socios da sociedade resultante desfrutarán dos mesmos dereitos e terán as mesmas obrigas. Así mesmo, modifícase o obxecto social que será a promoción e construcción dun máximo de 256 vivendas en réxime de VPO (artigo 3 dos estatutos sociais). Comunícase ós posibles acreedores das cooperativas intervintes na fusión o exercicio de oposición á mesma conforme o artigo 81 da Lei 5/1998.

Vigo, 25 de setembro de 2001.

Os presidentes

Rubricado