Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso, con procedemento aberto, para a concesión do servicio de limpeza viaria.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: concesión do servicio de limpeza viaria.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 10 anos, que se contarán desde o 1 de xaneiro de 2002.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 54.065.846 pesetas, 324.942,28 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal e localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

9. Presentación de oferta: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (BOP ou DOG).

10. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

11. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, das 9 ás 13 horas.

12. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: rúa do Concello, nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 18 de setembro de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación