Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de convocatoria.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión do 23 de agosto de 2001,

aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, das prazas correspondentes á oferta de emprego público do ano 2000 (BOE nº 237, do 3 de outubro).

No BOP nº 212, do 14 de setembro de 2001, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión dos ditos postos.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 18 de setembro de 2001.

P.D. (Resolución alcaldía 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá