Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO de licitación de contrato de consultoría e asistencia.

1. Obxecto: este concurso ten por obxecto a contratación dos traballos para a redacción do Plan xeral de ordenación municipal.

2. Tipo de licitación: dez millóns setecentas noventa e nove mil setecentas corenta e nove (10.799.749 pesetas).

3. Garantía:

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

4. Presentación de proposicións:

Durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 14 horas, nas oficinas municipais.

5. Apertura das proposicións:

Ó segundo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas, na Casa do Concello de Boqueixón. Se coincide en sábado, prorrógase ó inmediato día hábil seguinte.

6. Obtención documentación e información:

Concello de Boqueixón, teléfono: 981 51 30 52.

7. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Boqueixón, 22 de outubro de 2001.

Adolfo Gagio Vázquez

Alcalde-presidente