Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que o Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 1 de outubro de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó expediente 34/2001.PMP de modificación do plan parcial do polígono industrial de Sabón (parcela 33-A), promovido de oficio, o cal queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio de Urbanismo e, se o consideran oportuno, presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Co fin de dar cumprimento ó disposto no artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial afectado pola aludida modificación puntual, mentres non se produza a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 17 de outubro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde