Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 13 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador 36/13/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador 35/13/01, por infracción en materia de defensa do consumidor xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non puido practicarse.

O que se lle comunica de conformidade co disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, facéndolle saber que dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente no Servicio Provincial de Consumo de Pontevedra, situado na avenida de Vigo, 16, e formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere convenientes.

Expediente: 36/13/01.

Inculpado: Rosa Mª Martínez Rey.

Enderezo: r/ San Roque, 3, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Motivos: incumprimento da normativa que regula as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios e das normas reguladoras da venda en rebaixas.

Data do acordo de incoación: 10 de maio de 2001.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data de proposta de resolución: 20 de agosto de 2001.

Preceptos infrinxidos: artigos 13 e 15.1º da Lei 10/1988, do 20 de xullo, de ordenación do comercio interior de Galicia e artigo 1.2º e 3º do Decreto 357/1998, do 23 de decembro, polo que se regulan as follas de reclamacións dos consumidores e usuarios.

Precepto sancionador: artigo 34.6º da Lei 26/1984, do 19 de xullo, xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e artigo 3.3.6º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Sanción: 100.000 pesetas.

Pontevedra, 13 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego de Consumo