Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCS.-02/2001, para adquisición de equipamento de moblaxe especial e estores enrolables con destino ó edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Servicio Galego de Saúde en San Lázaro de Santiago de Compostela (3 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

-Adquisición do equipamento de moblaxe especial e estores enrolables con destino á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro de Santiago de Compostela. (3 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-02/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe especial e estores enrolables.

c) Lote: 3 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2001, BOE nº 7, do 8 de xaneiro de 2001, e DOCE S241, do 15 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos cincuenta e dous millóns oitocentas noventa mil setecentas trinta pesetas, IVE incluído (252.890.730 pesetas, IVE incluído) 1.519.903,90 euros.

Lote 1: armarios baixos, 81.900.000 pesetas (492.228,91 euros).

Lote 2: armarios altos, 153.740.730 pesetas (924.000,40 euros).

Lote 3: estores enrolables (17.250.000 pesetas (103.764, 59 euros).

Adxudicacións:

Lote nº 1: armarios baixos.

Lote nº 2: armarios altos.

Lote nº 3: estores enrolables.

UTE Mobiliario Sergas (oferta base conxunta)

a) Data: 11 de abril de 2001.

b) Contratista: UTE Mobiliario Sergas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos corenta e cinco millóns trescentas catro mil oito pesetas, IVE incluído (245.304.008 pesetas, IVE incluído). (1.474.306,78 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos