Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 157/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 157/2001.

Denunciada: Mª Jesús Carvalho Terezhinha.

DNI/CIF: X-1897644-Y.

Último enderezo coñecido: lugar de Padreiro de Abaixo, 18, Baíñas, Vimianzo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 15.000 pesetas.

A Coruña, 5 de setembro de 2001.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña