Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, de tramitación urxente, dun contrato de obras para a realización da clausura das escavacións mineiras antigas abandonadas de Galicia. (Expediente 5/2001 DXI).

1. Entidade adxudicadora.

ORGANISMO: Consellería de Industria e Comercio

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 5/2001 DXI.

2. Obxecto do contrato

Descrición do obxecto: execución parcial das obras de selaxe e clausura das escavacións mineiras antigas abandonadas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: rematará o 15 de decembro, para a anualidade de 2001, e o 31 de agosto, para a anualidade de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 168.891.855 pesetas (1.015.060,49 euros), IVE incluído.

5. Clasificación.

Será requisito indispensable para contratar que o empresario teña a clasificación no grupo A, subgrupo 4, categoría e, agás os empresarios estranxeiros non clasificados que acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica por calquera dos medios especificados nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño) polo que se aproba o texto

refundido la Lei de contratos das administracións públicas (en adiante TRLCAP).

6. Garantías.

Provisional: exento, agás os empresarios estranxeiros que non dispoñan da clasificación requirida que acreditarán a constitución dunha garantía provisional do 2% do orzamento do contrato (3.377.837 pesetas; 20.301,21 euros).

7. Obtención de documentación e información.

Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2; 15701 Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 89 38.

Información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

11. Outras informacións: de conformidade co disposto no artigo 141.e) do TRLCAP utilizarase o procedemento negociado sen publicidade cando se trate de realiza-la repetición de obras similares ás adxudicadas por este procedemento aberto, sempre que se dean os requisitos establecidos no citado artigo.

12. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio