Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación do contrato das obras de adaptación e reforma da residencia das Gándaras (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 93.2º do Real decreto 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda dar

publicidade á adxudicación do contrato de obra nos seguintes termos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adaptación e reforma da residencia da terceira idade das Gándaras.

b) Data publicación: Diario Oficial de Galicia nº 130 do día 5-7-2001

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 59.825.826 pesetas.

5. Adxudicación:

Data: 21-8-2001

Contratista: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Importe adxudicación: 56.140.000 pesetas (337.408,19 euros).

Prazo de execución: 5 meses.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Mª Dolores Pan Vázquez

Directora xeral de Servicios Sociais