Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 30 de outubro de 2001 Páx. 14.022

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L., con nº de código 3603462, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-8-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social polo comité de empresa, con data do 27-7-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de agosto de 2001.

P.A.

Luis Boullosa Nores

Secretario provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de empresa

Hospital Miguel Domínguez, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación persoal.

Este convenio colectivo terá por ámbito de aplicación a empresa Hospital Miguel Domínguez, S.L. de Pontevedra e afecta a todo o seu persoal en cadro fixo ou eventual, calquera que sexa o lugar da prestación de servicios.

Quedan expresamente excluídos:

a) Persoas que desempeñen funcións de alto consello, alta dirección ou alto goberno.

b) Os profesionais liberais vinculados por contratos civís de prestación de servicios, así como os xestores, asesores ou auditores.

c) Persoal adscrito a empresas concesionarias de servicios que teñan formalizado un contrato civil de prestación de servicios co Hospital Miguel Domínguez, S.L.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración de tres anos contados desde o 1 de xaneiro de 2001, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 2003.

Entrará en vigor ós quince días da sinatura, aínda que os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano se ó 1 de xaneiro de 2001. Os salarios regularizaranse no mes de agosto, e os atrasos aboaranse no mes de outubro.

Entenderase prorrogado por períodos anuais, salvo denuncia por unha das partes, cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas estrictamente ad personam aquelas condicións económicas máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Artigo 5º.-Xornada.

A xornada laboral será de 1.805 horas de traballo efectivo nos respectivos anos de vixencia do convenio.

Cando a distribución supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo anual sinalado.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas extras mínimas indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores. A forma de aboamento ou compensación pactarase conforme o disposto no R.D. 2001/1983.

Artigo 7º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio de empresa, segundo as categorías, terá que rexerse durante os anos da súa vixencia polas táboas salariais anexas, que supoñen un incremento para 2001 dun 4% sobre o salario base+antigüidade do ano 2000.

Para os anos sucesivos de vixencia, 2002 e 2003, establécese un incremento salarial correspondente ó IPC real. No suposto de que o IPC sexa inferior ó 2%, aplicarase o 2%.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal consistirán, cada unha, nunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüidade recoñecida.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

Por mor da maior especialidade, toxicidade, perigosidade ou penosidade establécese un complemento retributivo equivalente a un 20% sobre o salario base do convenio, a favor do persoal sanitario dos grupos I, II e III que establece a ordenanza laboral, o cal desenvolve o posto de traballo nalgunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófanos, radioterapia, radioelectroloxía, medicina nuclear, laboratorio de análises, unidades de coidados intensivos, psiquiatría, ril artificial, bacterioloxía ou enfermidades infecto-contaxiosas.

Artigo 10º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade na contía do 25% sobre o salario base de cada traballador, o cal se percibirá sobre as horas traballadas de noite, entendéndose ó respecto como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 8 horas.

Artigo 11º.-Complemento de transporte.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a un complemento de transporte que consistirá nas seguintes contías:

-Xornada continua: 250 ptas. por día efectivo de traballo en xornada continuada.

-Xornada partida: 350 ptas. por día efectivo de traballo en xornada partida.

Artigo 12º.-Complemento especial.

A empresa aboará, no mes de marzo de cada ano de vixencia, un complemento especial en contía do 20% dunha paga extra para o ano 2001, 25% para o ano 2002 e 30% para o ano 2003.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a un período de vacacións anual dun mes natural de vacacións retribuídas. No caso de que non desfrutasen o dito período de forma continuada, terán dereito a 30 días naturais. As vacacións desfrutaranse preferentemente durante o período de maio a setembro (ámbolos dous inclusive). Establecerase unha orde rotatoria de preferencia, de tal maneira que un traballador que un ano fose o primeiro á hora de escoller quenda, pasa a se-lo último o ano seguinte.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos ós que ten dereito o traballador serán os seguintes:

1. No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade e afinidade e parellas de feito debidamente documentadas, establécese en función do lugar no que aconteza o óbito: 3 días se ocorre dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e 5 días se ocorre fóra.

2. No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, das persoas do punto anterior, tanto parentes como as parellas de feito debidamente documentadas, en función do lugar en que aconteza

o feito: 3 días se ocorre dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e 5 días se ocorre fóra.

3. No caso de intervención cirúrxica das persoas do punto 1, coa debida xustificación, 2 días naturais.

4. Por matrimonio, 15 días naturais.

5. Por razón de parto da esposa, 3 días naturais.

6. Por cambio de domicilio, 2 días naturais.

7. Os traballadores poderán solicitar, así mesmo, 3 días de libre disposición, non acumulables nin engadibles a outros permisos, debendo efectuarse a solicitude coa antelación suficiente que permita organiza-los diferentes servicios.

Estes permisos serán retribuídos e, en ningún caso, poderán ser descontados das vacacións correspondentes nin concedidas recentemente.

Artigo 15º.-Excedencias.

a) Excedencia maternal: os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer ese dereito. Os traballadores terán, neste caso, dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado, sempre que o soliciten cunha antelación de 30 días á finalización da excedencia.

b) Excedencia voluntaria: a empresa estará obrigada a concederlle a todo o persoal fixo que o solicite e leve na empresa o tempo mínimo de dous anos de servicio, a excedencia voluntaria, a cal terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos; a empresa queda obrigada a reserva-lo posto de traballo durante un máximo de trece meses. Solicitado o reingreso, de non ter posto vacante, a empresa comprométese a contrata-lo traballador en excedencia cada vez que necesite contratar algún traballador.

Artigo 16º.-Permiso non retribuído.

A empresa concederalles un permiso non retribuído ata un máximo de 7 días ó ano a aqueles traballadores que o soliciten por escrito xustificadamente, cunha antelación alomenos dunha semana.

Artigo 17º.-Incapacidade temporal.

No suposto de incapacidade temporal, os 3 primeiros días serán por conta da empresa.

No caso de accidente laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario as prestacións económicas derivadas de tal continxencia.

Artigo 18º.-Revisións médicas.

A todo o persoal afectado por este convenio efectuaráselle un recoñecemento médico anual obrigatoriamente e unha revisión xinecolóxica voluntaria cada seis meses ó persoal feminino, logo de negociación, en ámbolos dous casos, entre o comité de empresa ou delegados de persoal e a dirección do

centro, para a elección do lugar no que se vaia realiza-la revisión indicada.

A dita revisión inclúe a obriga de realizarlle ó persoal en raios as probas específicas legalmente establecidas para eles.

Artigo 19º.-Xubilación.

De común acordo entre as partes, poderanse pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no R.D. 1197/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 20º.-Formación e promoción profesional.

A empresa facilitará os medios e a colaboración na formación e programación do persoal afecto ós seus centros dentro das dispoñibilidades destes e fóra das horas de traballo.

Artigo 21º.-Contrato de acumulación de tarefas.

Segundo o establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores (modificado polo Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio), os contratos de duración determinada, por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderán ter unha duración máxima de 13 meses e medio, dentro dun período de 18 meses.

Os contratos acollidos a esta modalidade e vixentes o 30 de xuño de 1997 poderán prorroga-la súa duración ata o máximo de 13 meses e medio, de acordo co establecido no parágrafo anterior.

A empresa comprométese a crear dez postos de traballo fixos, durante o tempo de vixencia do convenio.

Artigo 22º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles anualmente ós traballadores a roupa e o calzado sanitario necesario de traballo, coa obriga do lavado pola propia empresa.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Créase a comisión paritaria do convenio, que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, con especial seguimento e control do absentismo. A devandita comisión estará integrada polo administrador e representante legal dela e, en representación dos traballadores, o presidente e secretario do comité de empresa. Ámbalas partes poderán asistir acompañados dos asesores laborais que consideren oportunos.

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio observarase o que dispoña o convenio colectivo

do sector de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra, a ordenanza laboral de Hospitalización, consulta e asistencia, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio de empresa, en representación dos traballadores, os membros do comité, integrados na Confederación Intersindical Galega (CIG), Rosa Mª Alfonsín López, presidenta, e Isabel Lago, secretaria, e o asesor, Sr. Franco, en representación da empresa, Miguel Domínguez Vaz, administrador e representante legal da sociedade Hospital Miguel Domínguez, S.L., e o asesor laboral, Sr. Lopo.

Táboa salarial para o ano 2001

2001

(Incremento 4%

sobre salarios

actualizados

2000)

Persoal técnico sanitario

Xefe de servicios137.776

Médico xefe de sección ou adxunto136.751

Médico interno131.048

Farmacéutico, psicólogo131.048

Fisioterapeuta, logopeda119.892

Axudantte técnico sanitario115.516

Asistente social115.516

Xefe de enfermería131.048

Auxiliares sanitarios especializados, coidadores de centros especiais106.044

Persoal subalterno sanitario

Coidadores, sanitarios, auxiliares de clínica101.666

Persoal de servicios xerais

Encargada102.897

Subencargada102.897

Auxiliar de axuda a domicilio101.666

Pasadora de ferro, costureira, lavandeira, limpadora97.863

Persoal de servicios varios

Fotógrafo, electricista, conductor, mecánico, xardineiro, albanel, pintor, carpinteiro108.924

Peón de xardinería, albanel, etc.97.863

Conserxe102.897

Porteiro97.863

Telefonista99.488

Persoal administrativo

Administrador103.787

Xefe contabilidade103.787

Oficial administrativo103.008

Auxiliar administrativo103.008

Persoal de pisos

Camareiras99.205