Aprobado por decreto de Alcaldía do 16 de outubro de 2001 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para a contratación da adquisición de camión contraincendios, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.
Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.
Entidade adxudicadora:
Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.
Obxecto do contrato:
Adquisición de vehículo contraincendios autobomba de primeira intervención.
Tipo de licitación:
11.000.000 de pesetas (66.111 euros).
Modalidade de adxudicación:
Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.
Garantías:
Provisional: non existe.
Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.
Exame do expediente:
Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario das 9 ás 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións:
No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en horas das 9 ás 13 horas e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Apertura de proposicións:
A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).
Gastos de anuncios:
Por conta do adxudicatario.
A Guarda, 19 de outubro de 2001.
José Luis Alonso Riego
Alcalde