Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación para a execución da obra de reforma de Villa Lucinda para sede da policía local.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Culleredo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Gabinete Alcaldía-Contratación.

c) Teléfonos: 981 67 77 77. Fax: 981 67 76 46.

2. Obxecto do contrato:

a) Denominación: reforma de Villa Lucinda para sede da policía local.

b) Prazo de execución: seis meses (6).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento máximo de licitación: 19.932.281 pesetas (119.795,42 euros).

5. Garantía provisional: 398.646 pesetas (2.395,91 euros).

6. Obtención de documentación e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

7. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupos 6, 8 e 9 e I, subgrupos 9 e 4.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais (26), contados a partir da publicación do último anuncio (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a determinada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Casa do Concello de Culleredo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, a partir da apertura de proposicións económicas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: ás 12 horas do segundo xoves hábil seguinte á data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán á disposición das empresas interesadas para o seu exame no Concello de Culleredo.

11. Gastos de anuncios: o importe da publicación dos anuncios (DOG e BOP) será por conta do adxudicatario.

Culleredo, 18 de outubro de 2001.

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda,

Patrimonio e Contratación