Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (expediente de modificación de PXMO).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 12 de xullo de 2001, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXMO sobre a parcela sita na rúa do Golfiño (nº catastral 62.45.1.06) en Lorbé-Dexo.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de setembro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta