Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 11-9-2001 foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a adquisición dun vehículo tractor con rozadora e tratamentos preventivos, o que se expón ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles, para que se poidan presenta-las reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG.

Anúnciase, ademais, a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso por trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 14.000.000 de pesetas.

Fianza provisional: non se esixe.

Proposición: presentarase no rexistro de entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría deste concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás trece horas do terceiro día hábil seguinte (agás sábado), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concellos dos Blancos.

Teléfono: 988 46 75 06. Fax: 988 46 75 98.

Os Blancos, 25 de setembro de 2001.

José Juan Puga

Alcalde