Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-18/2000).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 10 de setembro de 2001, adoptou, ente outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado por LPF Investimentos, S.L., para reaxustar aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes no POL F7.01 (estudio de aparcadoiro 2-plano nº 07).

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Notifica-lo interesado.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición no prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes deste a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exem

plares do documento en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Sexto.-Requirir do promotor que presente o instrumento de xestión axeitado para materializa-las cesións de infraestructura de urbanización, autorizándose o alleamento do subsolo na área cualificada como IU (infraestructura de urbanización) de 255,49 m co fin de consegui-la dotación necesaria de aparcadoiro a executar no ámbito do estudio de detalle polo importe de 7.468.611 pesestas, tal como se establece no informe técnico.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 18 de setembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo