Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

De conformidade co acordado na resolución desta Alcaldía do día 2 de outubro de 2001, convócanse probas selectivas para a provisión dos seguintes postos de traballo do cadro laboral fixo, con suxeición ás bases que se publican íntegras no BOP do día da data e que lles será facilitado ós que o soliciten neste concello, en Cimadevila nº 11, ou por teléfono: 988 36 00 00, fax: 988 36 10 26.

Prazas que se convocan:

-Unha (1) praza de auxiliar de cometidos varios en oficinas de secretaría. Graduado escolar ou equivalente. Concurso oposición libre. Praza asimilada ó grupo D-16, cos haberes que figuran no orzamento.

-Unha (1) praza de auxiliar de asistencia social. Graduado escolar ou equivalente. Concurso oposición libre. Praza asimilada ó grupo D-16, cos haberes que figuran no orzamento.

-Unha (1) praza de auxiliar de servicios varios na Casa da Cultura. Graduado escolar ou equivalente. Concurso oposición libre. Praza asimilada ó grupo D-16, cos haberes que figuran no orzamento.

-Unha (1) praza de conserxe do grupo escolar. Certificado de escolaridade ou equivalente. Concurso oposición libre. Praza asimilada ó grupo E-12, cos haberes que figuran no orzamento.

Barbadás, 10 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado