Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de outubro de 2001 pola que se amplía o prazo de presentación dos xustificantes de gasto das axudas concedidas ó amparo da orde conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 3 de abril de 2001, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico (Diario Oficial de Galicia número 77, do 20 de abril).

A Consellería da Presidencia e Administración Pública e a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dictaron a orde conxunta do 3 de abril de 2001, pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de Investigación Mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, e se procede á súa convocatoria.

No punto 9 do anexo II da devandita orden establécese que o prazo de que dispoñen os beneficiarios de proxectos de investigación empresarial para achega-los documentos requiridos para proceder ó libramento das axudas correspondentes finaliza o 31 de

outubro, do exercicio correspondente á anualidade de que se trata.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo largo proceso de avaliación dos proxectos, considérase preciso amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos realizados no ano 2001 polos beneficiarios destas axudas.

En consecuencia, no uso das atribucións que nos foron concedidas,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación dos xustificantes correspondentes ós investimentos do ano 2001 das axudas concedidas ó amparo do anexo II da Orden do 3 de abril de 2001, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ata o día 23 de novembro de 2001.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2001.

Jaime Pita VarelaEnrique César López Veiga

Conselleiro da Presidencia eConselleiro de Pesca, Marisqueo

Administración Públicae Acuicultura