Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.959

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de outubro de 2001 pola que se amplía o prazo de presentación dos xustificantes de gasto das axudas concedidas ó amparo da Orde do 23 de marzo de 2001 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 68, do 5 de abril).

Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de marzo de 2001, apróbanse as bases que rexerán as convocatorias de axu

das e bolsas correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico e se procede á súa convocatoria.

No punto 9 do anexo II da devandita orde establécese que o prazo de que dispoñen os beneficiarios de proxectos de investigación empresarial para achega-los documentos requiridos para proceder ó libramento das axudas correspondentes finaliza o 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate.

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado polo longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase preciso amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos realizados no ano 2001 polos beneficiarios destas axudas.

En consecuencia, no uso da atribución que me foi concedida,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo de presentación dos xustificantes correspondentes ós investimentos do ano 2001 das axudas concedidas ó amparo do anexo II da Orde do 23 de marzo de 2001, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ata o día 23 de novembro de 2001.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública