Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.959

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 25 de outubro de 2001 pola que se modifica a do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Con posterioridade á publicación da dita orde percibiuse a necesidade de tramitar expedientes de gasto de carácter plurianual no período do 20 de outubro ó 31 de decembro, cando non existe proxecto de orzamento para aqueles gastos consecuencia de necesidades propias do normal funcionamento dos servicios.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o texto do punto 2.2 do artigo 2º da Orde do 11 de febreiro de 1998, que quedará redactado da seguinte forma:

2.2. Os expedientes de contratación con varias anualidades poderán ser autorizados cando concorran as circunstancias previstas nos puntos 1.1, 1.2 e 1.3 do artigo 1º desta orde e, en todo caso, quedarán sometidos ós principios xerais de carácter orzamentario e, en particular, ó disposto no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda