Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegras as bases para a provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal desta deputación provincial e no cadro laboral fixo, correspondentes á oferta de emprego público de 2001.

As prazas que se convocan son as seguintes:

a) Cadro de persoal:

-Unha (1) praza de administrativo de Administración xeral, grupo C, nivel 19. Concurso-oposición por promoción interna para auxiliares de Administración xeral coa titulación esixida para o grupo C ou coa titulación do grupo D pero cunha antigüidade de 10 anos na escala ou 5 anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994.

-Unha (1) praza de auxiliar de Administración xeral, grupo D, nivel 16. Oposición libre. Título de graduado escolar, formación de 1º grao ou equivalente.

-Unha (1) praza de conductor especialista de maquinaria de vías e obras, persoal de oficios, oficial de Administración especial, grupo D, nivel 16. Concurso-oposición por promoción interna para funcionarios do grupo E con título esixido para o grupo D (graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente). Ademais, o aspirante deberá atoparse en posesión do permiso de circulación clase D.

-Unha (1) praza de técnico de asesoría de municipios e xestión de patrimonio, escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, nivel 26. Oposición libre con esixencia do título de licenicado en dereito, ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario.

b) Cadro laboral:

-Unha (1) praza de técnico medio de formación continua, asimilada ó grupo B, nivel 24. Concurso oposición libre. Título de diplomado universitario ou equivalente.

-Unha (1) praza de encargado de desenvolvemento de aplicacións informáticas, asimilada ó grupo C, nivel 21. Concurso oposición libre. Técnico especialista en equipos informáticos (FP 2º grao, rama electrónica) ou equivalente.

-Unha (1) praza de encargado de redes informáticas, asimilada ó grupo C, nivel 21. Concurso oposición libre. Técnico especialista en equipos informáticos (FP 2º grao, rama electrónica) ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de oficial técnico en seguridade e saúde, asimiladas ó grupo C, nivel 19. Concurso oposición por promoción interna coa titulación esixida para o grupo C ou coa titulación do grupo D pero cunha antigüidade de 10 anos na escala de procedencia, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Titulación específica: título de técnico intermedio en prevención de riscos laborais, validado conforme a normativa vixente e expedido por centro homologado (mínimo de 300 horas lectivas).

-Unha (1) praza de electricista de vehículos, persoal de oficios, asimilada ó grupo D, nivel 17. Concurso oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-Unha (1) praza de mecánico de vehículos, persoal de oficios, asimilada ó grupo D, nivel 17. Concurso oposición libre. Graduado escolar ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de oficial vixilante de obras, persoal de oficios, asimiladas ó grupo D, nivel 17. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Graduado escolar ou equivalente.

-Dúas (2) prazas de legoeiros especialistas, persoal de oficios, asimiladas ó grupo E, nivel 14, provisión por concurso-oposición por promoción interna horizontal. Certificado de escolaridade.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da deputación durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no BOE. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso ou concurso-oposición, á solicitude deben unirse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, acompañando á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A ou asimiladas: 3.000 pesetas; grupo B ou asimiladas: 2.250 pesetas; grupo C ou asimiladas: 1.250 pesetas; grupo D ou asimiladas: 1.000 pesetas; grupo E ou asimiladas: 750 pesetas.

A deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense), ou solicitándoo ó teléfono 988 38 51 00 ou fax 988 38 51 84.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1995, de administración local de Galicia.

Ourense, 15 de outubro de 2001.

O presidente

Rubricado