Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 2 de outubro de 2001, acordou a contratación mediante poxa de arrendamento da cafetería do centro cívico de Xove.

Cadro de características do contrato.

1. Obxecto: arrendamento da cafetería do centro cívico.

2. Tipo de licitación mínimo: 2.400.000 pesetas (14.424,29 euros) anuais (IVE incluído).

3. Prazo de arrendamento: 4 anos.

4. Clasificación do contratista: non se esixe.

5. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real, s/n, 27870 Xove). Facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 96.000 pesetas (576,97 euros).

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

Xove, 11 de outubro de 2001.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO I

Modelo de proposición

D. /Dª..., maior de idade, con domicilio en..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., en nome propio (ou en representación de... con DNI ou CIF nº... como acredita por...) informado da convocatoria de poxa anunciada no BOP de Lugo nº..., con data do... e DOG nº... con data do... toma parte nela, comprometéndose a arrenda-la cafetería do centro cívico de Xove, no prezo de... (letra e número), de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas que acepta íntegra e incondicionalmente.

Lugar, data e sinatura

Documentación que hai que presentar coa solicitude:

Os licitadores presentarán simultaneamente co modelo de proposición os seguintes documentos:

a) Documento nacional de identidade ou fotocopia auténtica.

b) Declaración xurada ou promesa de non encontrarse incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas na vixente lexislación de procedemento administrativo común e no texto refun-

dido da Lei de contratos das administracións públicas en canto lle sexan de aplicación, atendido o obxecto do contrato.

c) Xustificante acreditativo de ter depositado a fianza provisional.

d) Escritura de poder, se se actúa en representación doutra persoa, legalizado, se é o caso, e verificado polo secretario do concello.

e) escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

f) Declaración expresa baixo a súa responsabilidade de que se encontra ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social, impostas polas disposicións vixentes, outorgada ante unha autoridade xudicial, administrativa, notario público, ou organismo profesional cualificado.