Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión extraordinaria do 3 de agosto de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono 14-15-17-18-19 do PERI-7 da Ponte Pedriña, redactado por Emuvissa, así como o sistema de actuación ou de cooperación.

A aprobación do proxecto de delimitación determina automaticamente o inicio do expediente de reparcelación e a posibilidade por parte dos propietarios que representen alomenos o 25% de superficie do polígono que presenta o proxecto de reparcelación dentro dos 3 meses ó inicio do expediente de reparcelación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde