Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.936

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO.

De conformidade co previsto na base 3.3 do acordo do 5 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 77, do 20 de abril), da Dirección da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), polo que se anuncia a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de 11 prazas de persoal de servicios xerais (PSX), anúnciase que a segunda proba eliminatoria do dito proceso se realizará o vindeiro día 7 de novembro de 2001 ás 18 horas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, sito na Praza Martín Herrera nº 2 de Santiago de Compostela.

Os aspirantes que superaron a primeira proba eliminatoria do dito proceso selectivo haberán de acudir provistos do documento nacional de identidade e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que quedarán excluídos do proceso os aspirantes que non comparezan.

A proba será idéntica para tódolos aspirantes, e consistirá nun exercicio tipo-test de carácter teórico-práctico sobre un cuestionario de 20 preguntas con catro respostas alternativas que se atopará nun dos arquivos informáticos que se lles facilitará e conforme as instruccións que nese momento comunique a comisión de selección.

Os contidos do exercicio serán os que se estableceron no acordo de 4 de setembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 175, do 10 de setembro).

A proba será cualificada de 0 a 45 puntos, e o tempo máximo de que dispoñen os aspirantes para a súa execución será limitado e comunicado ó comezo da proba pola comisión de selección. As contestacións erróneas serán valoradas negativamente a razón dun quinto da puntuación asignada ás respostas correctas. Todos aqueles aspirantes que non acaden a puntuación mínima que estableza a comisión de selección para supera-la proba, serán cualificados directamente como non apto.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2001.

Javier Bouzada Romero

Presidente da comisión de selección