Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (52/2001).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número dous de Noia, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 52/2001 se dictou esta sentencia, que na súa parte dispositiva di:

«Que debo condenar e condeno a Manuel Ronquete Lojo como autor responsable de dúas faltas de ameazas á pena, por cada unha delas, de quince días de multa con cota diaria de cincocentas pesetas e como autor responsable de tres faltas de inxurias á pena, por cada unha delas, de quince días de multa con cota diaria de cincocentas pesetas e en tódolos casos con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, así como ó pagamento das custas causadas.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias.

Notifíquese esta resolución con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se interporá, se é o caso, perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia ó denunciado Francisco Luis Álvarez Mascato, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia, vintecatro de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado