Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (42/2001).

Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia, dá fe e testemuña de que no xuízo de faltas nº 42/2001 se dictou esta sentencia, que na súa parte dispositiva di:

«Que debo condenar e condeno a Jorge Morales Cruz como autor responsable dunha falta de lesións imprudentes á pena de multa de quince días con cota diaria de duascentas pesetas e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas e á privación do dereito a conducir vehículo de motor por tempo de tres meses, e a indemnizar, con responsabilidade civil directa e solidaria de ACC-Lloyd's of London e subsidiaria de Usacar, S.A. a Brais Rey Martín na cantidade de dous millóns novecentas sesenta e dúas mil trescentas corenta e oito pesetas, can

tidade que devengará os xuros que prevén o artigo 20 LCS a cargo de ACG-Lloyd's of London, así como ó pagamento das custas causadas.

Notifíquese esta resolución con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que se interporá, se é o caso, perante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia ó denunciado Jorge Morales Cruz, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia, vinteún de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado