Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.923

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de notificación de sentencia (99/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Jesús Souto Herreros, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Ferrol, viu os presentes autos de xuízo verbal civil 99/2001, seguidos por instancia de Andrés Regueiro Cortiñas, representado polo procurador Sr. Uría Rodríguez e coa dirección do letrado Sr. Gil Robles, contra José Faustino Fidalgo García e contra Silvia González Freire, ambos en rebeldía.

Decido que estimo integramente a demanda formulada por Andrés Regueiro Cortizas, representado polo procurador Sr. Uría Rodríguez e coa dirección do letrado Sr. Gil Robles, contra José Faustino Fidalgo García e contra Silvia González Freire, ambos en rebeldía, e, na súa virtude:

a) Declaro a recuperación polo demandante da plena posesión do predio urbano obxecto deste preito.

b) Condeno os codemandados a aboaren solidariamente ó demandante a cantidade de 343.816 pesetas, máis IVE, e así mesmo,

c) Condeno os demandados ó pagamento das custas causadas neste procedemento, se as houber.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Francisco Fidalgo García, expídese a esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, dezanove de setembro de dous mil un.

O/a secretario/a

Rubricado