Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.922

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

CÉDULA de notificación de sentencia (71/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Jesús Souto Herreros, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro desta cidade e do seu partido, vistos os autos de xuízo verbal 71/2001, seguidos por instancia de José Manuel Gómez Personal, que comparece no seu propio nome contra Juan Luis Barro Muíño, en rebeldía.

Decido que estimo integramente a demanda formulada por José Manuel Gómez Personal, que comaprece no seu propio nome contra Juan Luis Barro Muíño, en rebeldía.

Na súa virtude:

a) Declaro a recuperación polo demandante da plena posesión do predio urbano obxecto do preito.

b) Condeno o demandado a que lle aboe ó demandante a cantidade de 181.014 pesetas e así mesmo,

c) Condeno o demandado ó pagamento das custas causadas neste procedemento, se as houber.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Luis Barro Muíño, expídese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, 19 de setembro de 2001.

O secretario

Rubricado