Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.922

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentencia (772/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Procedemento de menor contía 772/2000.

En Vigo o dezaoito de xullo de dous mil un.

Javier Sánchez Beltrán, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número tres de Vigo,

vistos os autos seguintes neste xulgado co número 772/2000, por instancia de Accesos Frigoríficos, S.A., representada pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez, contra Juan Luis García Tizón, rebelde, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que estimando a demanda interposta pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez, en representación de Accesos Frigoríficos, S.A., contra Juan Luis García Tizón, debo condenar e condeno o dito demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 4.884.250 pesetas, mailo xuro legal desde a data de presentación da demanda.

Impóñense as custas á parte demandada.

Contra esta sentencia poderá prepararse recurso de apelación perante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación en legal forma.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Juan Luis García Tizón, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, sete de setembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado