Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 18 de outubro de 2001, da Comisión de Baremación, polo que se anuncia a realización da proba escrita prevista na convocatoria para vinculación temporal no réxime estatutario, na categoría de técnico superior de avaliación de tecnoloxías.

De conformidade co disposto no punto 7 da Resolución do 12 de xullo de 2001 (DOG nº 145, do 27 de xullo) da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde pola que se convocan para vinculación temporal no réxime estatutario, mediante nomeamento de obra ou servicio determinado por período dun ano prorrogable ata tres anos, na categoría de técnico superior, para cubrir tres postos de traballo de avaliación de tecnoloxías, a proba escrita para selección dos aspirantes terá lugar o vindeiro día 30 de outubro, ás 10 horas, no salón de actos do novo edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela.

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso selectivo a quen non compareza por calquera causa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

Mª Estrella López-Pardo y Pardo

Presidenta da Comisión de Baremación