Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001 pola que se convoca concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos para a construcción dun auditorio en Marín (Pontevedra).

1. Nome e enderezo da entidade adxudicadora:

Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

Edificio administrativo San Caetano s/n.

15704 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfonos: 981 54 43 82 e 981 54 43 71.

Fax: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

2. Descrición do proxecto:

Propostas arquitectónicas a nivel de anteproxectos para as obras de construcción dun auditorio en Marín (Pontevedra).

3. Tipo de concurso:

Concurso, con intervención de xurado, de ideas a nivel de anteproxectos de acordo co artigo 216 del Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Profesionais destinatarios:

Arquitectos.

5. a) Data límite de recepción de documentación e anteproxectos para participar:

Trinta (30) días naturais, contados a partir daquel no que se produza a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Enderezo ó que deben enviarse:

Rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo. Edificio administrativo San Caetano. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña.

c) Solicitude da documentación:

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda . Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfonos: 981 54 43 82 e 54 43 71. Telefax: 981 54 43 43 e 981 54 53 35.

d) Lingua na que deben redactarse os documentos:

Galego ou castelán.

e) Criterios que se aplicarán para selecciona-los participantes:

Os establecidos no prego de bases.

6. Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos:

Os establecidos no punto 4.3 do prego de bases.

7. Premios e aboamentos ós participantes:

Os establecidos no prego de bases.

8. Calendario de reunión do xurado:

O xurado reunirase o sexto (6º) día hábil que non coincida en sábado, desde a data límite de presentación de documentación e farase pública a súa proposta ás 12 horas, na sede da Consellería de Política, Obras Públicas e Vivenda, o noveno (9º) día hábil que non coincida en sábado contado desde a citada data de presentación da documentación e anteproxectos.

9. Información complementaria.

O importe deste anuncio será aboado, proporcionalmente, polos concursantes que obtiveran premio.

Así mesmo, tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: hyy://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=788.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda