Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2001 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001208/2001 JL, interposto por Encarnación Sueiro Domínguez.

Con data do 11 de outubro de 2001 recibiuse escrito do secretario da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que reclama o expediente administrativo correspondente ó recurso 01/0001208/2001 JL, interposto por Encarnación Sueiro Domínguez contra a resolución do secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento (por delegación do conselleiro da Presidencia e Administración Pública) do 21 de maio de 2001 pola que se denegaba axuda dunha solicitude de bolsa para a realización dunha estadía, presentada ó abeiro do anexo V da Orde do 1 de febrero de 2001(DOG do 6 de febreiro).

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda remitirlle o correspondente expediente á dita sala, debendo notificarlles esta resolución a cantos aparezan como interesados nel, emprazándoos para que poidan constituírse en parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días contados a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública