Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.910

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 279/2001, do 25 de outubro, polo que se nomea a Mª Ángeles Antón Vilasánchez directora xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de outubro de dous mil un,

Nomeo a Mª Ángeles Antón Vilasánchez directora xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Santiago de Compostela, vintecinco de outubro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo