Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de xullo de 2001 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Aprevar de Lugo, para imparti-lo ciclo formativo de grao medio de carrocería.

Advertido erro na versión galega da devandita orde, publicada no DOG nº 164, do venres, 24 de agosto de 2001, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 11.351, no anexo, onde di: «1 ciclo formativo de grao superior de carrocería (2 unidades, 20 postos escolares/unidade)»; debe dicir: «1 ciclo formativo de grao medio de carrocería (2 unidades, 20 postos escolares/unidade)».