Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.909

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 277/2001, do 25 de outubro, polo que se dispón que cese Aurelio Miras Portugal como director xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de outubro de dous mil un,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Aurelio Miras Portugal como director xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintecinco de outubro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo