Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 26 de outubro de 2001 Páx. 13.869

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

A disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e réxime orzamentario e administrativo, establece que as fundacións sanitarias constituídas pola Comunidade Autónoma transformaranse en fundacións de titularidade e natureza pública no prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor da lei, facendo referencia tanto á necesaria transformación das fundacións sanitarias xa constituídas como á creación, modificación e extinción de novas fundacións sanitarias.

Para estes efectos, considéranse fundacións públicas sanitarias os centros e servicios sanitarios que realicen actividades de promoción, protección da saúde ou prestación de servicios sanitarios públicos e as que desenvolvan actividades complementarias ou de apoio á atención sanitaria pública, xa sexan de soporte tecnolóxico, xa de servicios xerais, e así sexan aprobadas por decreto da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Será o Servicio Galego de Saúde quen, con carácter xeral, determine os criterios de planificación ós que se suxeitará a súa actividade, e quen concretará as prestacións sanitarias que deba realizar cada fundación. Mediante a suscrición dos oportunos contratos-programa para a prestación de servicios fixaranse anualmente os seus obxectivos e actividades, así como a asignación dos recursos necesarios para iso.

O réxime orzamentario, de contabilidade e de control financeiro destas fundacións será o establecido pola Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia para as sociedades públicas autonómicas, e estarán obrigadas a remitir á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma unha memoria relativa ó cumprimento das obrigas de carácter económico financeiro que incluirá información da execución dos contratos-programa, todo iso sen prexuízo do control que realizará o Consello de Contas de Galicia.

Este decreto establece o carácter laboral no que atinxe á relación xurídica do persoal ó servicio destas fundacións, con aplicación do disposto na lexislación laboral común, na mormativa de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas e na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación. Consonte o disposto nesta última lei, materializarase o seu réxime de contratación, que deberá respecta-los principios de publicidade e concorrencia.

Como anexo, e adaptados a esta nova regulación, apróbanse os estatutos das fundacións públicas Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Centro de Transfusión de Galicia, Hospital Verín, Instituto Galego de Oftalmoloxía e Hospital Comarcal do Salnés.

Este decreto pretende, pois, dar cumprimento ó mandato da disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, transformando as fundacións sanitarias constituídas pola Comunidade Autónoma en fundacións de titularidade e natureza pública, e ó mesmo tempo establecer unha regulación de carácter xeral das fundacións sanitarias que sirva de marco a futuras creacións ou modificacións delas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, de acordo co dictame 539/2001, do Consello Consultivo de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto, natureza e ámbito de aplicación.

1. O presente decreto ten por obxecto establecer, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, unha regulación de carácter xeral para as fundacións sanitarias e, ó mesmo tempo, transforma-la natureza e adapta-los estatutos, na forma que figura no anexo, das fundacións sanitarias xa constituídas ó novo réxime xurídico introducido pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo.

2. Considéranse fundacións públicas sanitarias, para os efectos do presente decreto, os centros e servicios sanitarios que realicen actividades de promoción, protección da saúde ou prestación de servicios sanitarios públicos e as que desenvolvan actividades complementarias ou de apoio á atención sanitaria pública, xa sexan de soporte tecnolóxico, xa de servicios xerais, e así sexan aprobadas por decreto da Xunta de Galicia.

As xa constituídas, e que se transforman en fundacións públicas sanitarias, son as que figuran no anexo deste decreto, no que se recollen os seus estatutos xa modificados.

3. As fundacións sanitarias xa constituídas ou que cree no futuro a Comunidade Autónoma só poderan ser de titularidade e natureza pública.

Artigo 2º.-Creación, modificación e extinción de novas fundacións sanitarias públicas

A creación, modificación e extinción de novas fundacións sanitarias será aprobada por decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de sanidade e Servicios Sociais. A súa estructura orgánica, o réxime de funcionamento, así como a definición dos obxectivos que deba alcanza-la enti

dade e dos recursos humanos, financeiros e materiais precisos para o seu funcionamento, deberá axustarse ó establecido no presente decreto.

Artigo 3º.-Réxime legal.

As fundaciones sanitarias públicas constituídas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia rexeranse polo disposto nos seus propios estatutos e os regulamentos que establezan a organización, funcionamento e ordenación das súas actividades, de acordo co artigo 6º a), polas disposicións do presente decreto dictadas en aplicación da disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, e con carácter supletorio polas normas xerais reguladoras das fundacións de interese galego.

TÍTULO II

Principios básicos de planificación e ordenación da xestión

Artigo 4º.-Planificación.

A actividade das fundacións sanitarias desenvolverase con suxeición ós criterios de planificación que con carácter xeral determine o Servicio Galego de Saúde, a quen corresponderá concreta-las prestacións sanitarias que deba realizar cada fundación, as súas actuacións complementarias ou de apoio, a fixación anual dos seus obxectivos e actividades e a asignación dos recursos necesarios para iso mediante a subscrición dos oportunos contratos programa para a prestación de servicios.

Artigo 5º.-Xestión das fundacións sanitarias: criterios.

A xestión das fundacións públicas sanitarias realizarase con criterios de descentralización e autonomía e control da xestión e dos seus resultados e desenvolverase en todo caso con respecto ós principios de eficacia no cumprimento dos obxectivos, eficiencia na asignación dos recursos, calidade e achegamento ó cidadán en canto usuario do servicio.

Artigo 6º.-Autonomía de xestión.

A autonomía de xestión exercerase conforme as características propias de cada centro, e concretarase nos seguintes aspectos:

a) Desenvolvemento da súa estructura organizativa e das normas internas de funcionamento, de acordo cos principios establecidos no presente decreto e demais normativa de aplicación.

b) Xestión dos recursos economicamente asignados orientada ó cumprimento dos obxectivos programados.

c) Xestión da tesourería e patrimonio.

d) Xestión dos recursos humanos.

Artigo 7º.-Control e inspección da xestión.

1. O control da xestión e funcionamento das fundacións públicas sanitarias, dirixido a comproba-lo grao de cumprimento dos obxectivos e a axeitada utilización dos recursos asignados, exercerase a través do padroado polo Servicio Galego de Saúde. Para estes efectos estableceranse periodicamente progra

mas específicos de control e auditoría de carácter externo.

2. As actividades de inspección da prestación do servicio sanitario realizaranse pola Inspección Sanitaria.

Artigo 8º.-Coordinación e cooperación.

1. Sen prexuízo da autonomía de xestión atribuída a cada entidade, garantirase a coordinación entre as fundacións sanitarias e tódolos centros e servicios asistenciais da rede do Servicio Galego de Saúde, a través dos órganos directivos e territoriais correspondentes.

2. As fundacións sanitarias manterán entre elas e cos demais centros e servicios asistenciais do Servicio Galego de Saúde, unha cooperación permanente no ámbito asistencial, co fin de proporcionar ós cidadáns unha atención integral que garanta o seu dereito á protección da saúde.

TÍTULO III

Réxime económico-financeiro

Artigo 9º.-Recursos económicos.

Os recursos económicos das fundacións poderán proceder de calquera das seguintes fontes:

a) Achegas económicas do Servicio Galego de Saúde, derivadas da prestación de servicios sanitarios.

b) Outras achegas económicas procedentes do Servicio Galego de Saúde ou de calquera persoa xurídica ou de entidades de natureza ou titularidade pública.

c) Ingresos propios procedentes da prestación de servicios sanitarios.

d) Productos dos bens e valores que constitúan o seu patrimonio.

e) Doazóns, legados e calquera achega pública ou privada que se apliquen a unha finalidade determinada.

f) Calquera outro recurso que pudiese serlles atribuído.

Para a efectividade do cobro dos fondos obtidos pola prestación de servicios sanitarios a outras institucións ou terceiros obrigados ó pagamento distintos do Sergas, trala certificación do correspondente descuberto, terán expedita a vía de constrinximento, a través dos órganos de recadación executiva da Consellería de Economía e Facenda.

Artigo 10º.-Réxime orzamentario, de contabilidade e de control financeiro.

1. O réxime orzamentario, de contabilidade e de control financeiro das fundacións públicas sanitarias será o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia para as sociedades públicas autonómicas.

2. As fundacións públicas sanitarias deberán ademais remitir á Intervención Xeral da Cumunidade Autónoma unha memoria relativa ó cumprimento das obrigas de carácter económico financeiro que asumen como consecuencia da súa pertenza ó sector

público. A dita memoria adaptarase ó contido que para os efectos dispoña a Consellería de Economía e Facenda e incluirá información da execución dos contratos-programa e do seu grao de cumprimento.

3. As ditas entidades porán as súas contas á disposición da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma para os efectos da súa remisión ó Consello de Contas de Galicia e integración nas contas da Administración pública autonómica.

Artigo 11º.-Patrimonio.

As fundacións públicas sanitarias disporán de patrimonio propio e poderán ter bens cedidos pola Administración pública autonómica.

No que respecta ó seu propio patrimonio poderán adquirir, a título oneroso ou gratuíto, posuír, arrendar bens e dereitos de calquera clase, que quedarán afectados ó cumprimento da súa finalidade.

Os bens cedidos rexeranse polas previsións da Lei de patrimonio da comunidade.

TÍTULO IV

Réxime de contratación e persoal

Artigo 12º.-Persoal ó servicio das fundacións sanitarias.

A relación xurídica do persoal ó servicio das fundacións sanitarias será de carácter laboral, con aplicación para o persoal de alta dirección, persoal temporal e de cadro do disposto na lexislación laboral común e na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e na normativa de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Artigo 13º.-Contratación das fundacións sanitarias.

O réxime de contratación das fundacións sanitarias respectará os principios de publicidade e concorrencia, e materializarase consonte o disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro.

TÍTULO V

Órganos da fundación

Artigo 14º.-Órganos de goberno e xestión.

1. Son órganos das fundaciones públicas sanitarias:

-Presidente da fundación: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou persoa que el designe.

-Órganos de goberno, xestión e representación: o padroado

-Órganos de xestión: o director ou xerente da fundación e os cargos directivos que determinen os seus estatutos.

Artigo 15º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado das fundacións sanitarias públicas. As facultades deste serán exercidas pola Consellería

de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Artigo 16º.-O padroado.

1. O padroado das fundacións públicas sanitarias estará integrado polo presidente, o vicepresidente, os vocais e o secretario. Os membros do padroado poderán ser natos, ocupando a praza en virtude do seu cargo e que perderán a súa condición ó cesaren naquel, ou electivos, designados do xeito que se determine nos respectivos estatutos.

O secretario da fundación actuará con voz pero sen voto, e será un titulado superior designado polo padroado.

2. O decreto de creación das fundacións públicas sanitarias determinará o número de membros natos e electivos que configurarán o padroado de acordo co previsto no parágrafo anterior.

Artigo 17º.-Periodicidade e convocatoria das sesións.

1. O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas que terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o solicite por escrito polo menos a metade máis un dos seus membros.

2. Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

Artigo 18º.-Adopción de acordos.

1. Na adopción de acordos, para que quede validamente constituído o padroado, requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría simple e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente. Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

2. O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 19º.-Funcións do padroado.

Corresponderá ó padroado, no marco fixado nos estatutos da fundación e na normativa aplicable, exerce-las seguintes funcións:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación.

b) Aproba-los planes xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimentos e a súa periodificación anual.

c) Aproba-los planes de actividades, docentes e de investigación.

d) Realiza-las funcións de control previstas no presente decreto.

e) Nomea-lo director técnico ou xerente da fundación.

f) Aproba-la estructura e o organigrama da fundación con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

g) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 20º.-Funcións do presidente.

Será presidente da fundación o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe. No marco fixado nos estatutos e nas disposicións vixentes corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación do padroado da fundación.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, modera-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar diso na primeira sesión que realice o padroado.

d) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 21º.-Funcións do vicepresidente.

O vicepresidente terá a condición de vocal da fundación e será nomeado do xeito establecido nos estatutos.

Substituirá o presidente da fundación nos casos de ausencia ou enfermidade deste.

Artigo 22º.-Funcións do director ou xerente.

Serán funcións do director ou xerente da fundación, no marco fixado nos estatutos e nas disposicións vixentes:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado, no que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Ter por delegación do padroado a representación da fundación frónte ás administracións públicas e institucións en xeral.

c) Dirixir, xestionar e inspecciona-la organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dos seus fins, de acordo coas directrices que o padroado estableza.

d) Exercer, por delegación do padroado, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos intereses da fundación.

e) As demais funcións previstas nos estatutos da fundación.

Artigo 23º.-Órganos de dirección e áreas clínicas.

1. Sen prexuízo do establecido no artigo 11º, as fundacións públicas sanitarias deberán contar coa estructura de dirección mínima prevista no artigo 5 do Decreto 97/2001, do 22 de marzo, de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde.

2. A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador de tódalas áreas clínicas, a quen corresponderá a supervisión de actividades e o control da súa calidade.

TÍTULO VI

Fórmulas de colaboración

Artigo 24º.-Fixación de obxectivos ás fundacións públicas sanitarias.

1. O Sergas suscribirá contratos-programas coas fundacións públicas sanitarias, instrumentos que permitirán vincula-lo financiamento delas cos criterios de planificación do Sergas e as necesidades dos usuarios.

As citadas fórmulas de colaboración concretaranse nos seguintes extremos mínimos:

-Poboación que se atenderá, no caso de centros sectorizados.

-Estimación do volume de actividade e previsión das continxencias sanitarias obxecto de cobertura.

-Determinación dos requisitos de calidade que deberán cumpri-los servicios sanitarios.

-Cobertura económica da actividade e forma de pagamento.

-Tempo de duración.

2. As condicións económicas dos contratos programas estableceraas anualmente o Sergas, fixando o teito de financiamento asociado á actividade pactada e, de se-lo caso, a prestada por este organismo que sexa obxecto de compensación, con base nos custos efectivos de cada centro.

3. O contrato programa regulará o alcance das prestacións que realizará a fundación e o financiamento das mesmas polo Sergas. O financiamento das fundacións públicas sanitarias establecerase a través dun réxime de transferencia; non obstante, poderá establecerse un sistema de facturación cando se considere axeitada a súa utilización como instrumento de control.

Disposición adicional

Apróbanse os estatutos das fundacións públicas Hospital da Barbanza, Hospital Virxe da Xunqueira, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Centro de Transfusión de Galicia, Hospital Verín, Instituto Galego de Oftalmoloxía e Hospital Comarcal do Salnés, que quedan redactados do xeito recollido no anexo deste decreto.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mentres non se formalicen os contratos programa de acordo cos principios establecidos no presente decreto, as fundacións sanitarias continuarán a súa actuación, no referente á súa planificación, financiamento, actuación económica e formas de colaboración co Sergas, do modo previsto nos convenios subscritos actualmente.

Segunda.-Os actuais órganos de goberno das fundacións sanitarias, de acordo co establecido nos seus estatutos vixentes, estarán obrigados a realiza-los trámites necesarios de inscrición rexistral das modificacións estatutarias previstas no presente decreto e que figuran no seu anexo, no prazo dun mes desde a súa entrada en vigor.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as seguintes disposicións:

-Decreto 229/1997, do 25 de agosto, polo que se establece o modelo de xestión e administración dos hospitais Virxe da Xunqueira e A Barbanza.

-Decreto 340/1999, do 16 de decembro, polo que se establece o modelo de xestión e administración do Hospital do Salnés.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Consellería de Economía e Facenda dictará as instruccións precisas para a execución e desenvolvemento do réxime orzamentario, de contabilidade e control financeiro das fundaciones públicas sanitarias previsto neste decreto.

Segunda.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dicta-las normas e acordos que requira o axeitado desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor ó mes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Estatutos da fundación pública

Hospital da Barbanza

Ribeira-A Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Hospital da Barbanza (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. O ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente e investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar a toda España.

3. O domicilio da fundación radica no Hospital da Barbanza, concello de Ribeira, provincia da Coruña.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; do Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

O obxecto da fundación é a xestión e administración do Hospital da Barbanza, que prestará asistencia sanitaria nas zonas da súa área de influencia. Consistirá na realización de actividades de promoción, prestación e xestión directa ou indirecta de recursos e servicios sanitarios, a docencia e investigación de ciencias da saúde, e a promoción da saúde individual e colectiva da comunidade en calquera das súas vertentes, así como a realización doutras actividades que poden colaborar á consecución do obxectivo fundacional.

Tódalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas respectivas competencias.

A coordinación concreta do desenvolvemento da súa actividade realizarase a través do complexo hospitalario de referencia da área sanitaria onde se encontre a súa área de influencia.

Artigo 6º.-Finalidade.

1. Os fins da fundación serán sempre de interese xeral:

a) A prestación de servicios sanitarios, a promoción da saúde e a prevención das enfermidades, en concordancia cos criterios de atención primaria e especializada.

b) As prestacións de servicios sociosanitarios en concordancia cos criterios da asistencia sociosanitaria.

c) A docencia relacionada coas ciencias da saúde, así como as actividades de investigación, estudio e divulgación sanitaria; poderá establecer convenios coa universidade e demais institucións competentes nesta materia.

d) A participación en programas de protección da saúde, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria e sociosanitaria.

e) A formación e actualización dos coñecementos do persoal da fundación.

f) Promociona-lo desenvolvemento dos recursos sanitarios a través de accións e programas propios ou con entidades concertadas.

g) Calquera outro relacionado coas finalidades citadas que acorde o padroado.

2. O obxecto fundacional poderá realizarse de maneira directa ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas.

3. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 7º.-Dos beneficiarios.

Terán a condición de beneficiarios todas aquelas persoas que teñan dereito á asistencia sanitaria gratuíta dentro do sistema nacional de saúde. A súa especificación, así como o alcance das prestacións sanitarias, serán determinados pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

A asistencia sanitaria ás persoas que non teñan a condición de beneficiarios efectuarase a cambio dunha contraprestación económica que sufrague o custo do servicio, conforme o que se determine.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais natos:

-O director médico ou director operativo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

-O xerente da área de atención primaria.

-Un representante dos concellos da área de influencia do hospital, designado por un período de dous anos por rigorosa quenda entre tódolos concellos.

-O director da fundación, que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos, e cesarán ó concluíren o seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte do mesmo en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans asistenciais, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados. Por solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º f) requirirá a previa autorización do padroado.

Sección segunda

O director

Artigo 15º.-O director.

1. O padroado nomeará un director, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director.

Corresponderanlle ó director, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente ó padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Sección terceira

Áreas clínicas

Artigo 17º.-Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador das actividades de tódalas áreas clínicas e da supervisión e control na calidade.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase.

A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación, e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos, ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respetará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 20º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle aplicable o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 21º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicarlles, en calquera caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 22º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma en que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscrito ó Sergas.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por 3 peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos 5 anos anteriores ó seu nomeamento, que lle elevarán ó Consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación pública

Hospital Virxe da Xunqueira

Cee-A Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Hospital Virxe da Xunqueira (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. O ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente e investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar a toda España.

3. O domicilio da fundación radica no Hospital Virxe da Xunqueira, concello de Cee, provincia da Coruña.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; do Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

O obxecto da fundación é a xestión e administración do Hospital Virxe da Xunqueira, que prestará asistencia sanitaria nas zonas da súa área de influencia. Consistirá na realización de actividades de promoción, prestación e xestión directa ou indirecta de recursos e servicios sanitarios, a docencia e investigación de ciencias da saúde, e a promoción da saúde individual e colectiva da comunidade en cal

quera das súas vertentes, así como a realización doutras actividades que poden colaborar á consecución do obxectivo fundacional.

Tódalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas respectivas competencias.

A coordinación concreta do desenvolvemento da súa actividade realizarase a través do complexo hospitalario de referencia da área sanitaria onde se encontre a súa área de influencia.

Artigo 6º.-Finalidade.

1. Os fins da fundación serán sempre de interese xeral:

a) A prestación de servicios sanitarios, a promoción da saúde e a prevención das enfermidades, en concordancia cos criterios de atención primaria e especializada.

b) As prestacións de servicios sociosanitarios en concordancia cos criterios da asistencia sociosanitaria.

c) A docencia relacionada coas ciencias da saúde, así como as actividades de investigación, estudio e divulgación sanitaria; poderá establecer convenios coa universidade e demais institucións competentes nesta materia.

d) A participación en programas de protección da saúde, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria e sociosanitaria.

e) A formación e actualización dos coñecementos do persoal da fundación.

f) Promociona-lo desenvolvemento dos recursos sanitarios a través de accións e programas propios ou con entidades concertadas.

g) Calquera outro relacionado coas finalidades citadas que acorde o padroado.

2. O obxecto fundacional poderá realizarse de maneira directa ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas.

3. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 7º.-Dos beneficiarios.

Terán a condición de beneficiarios todas aquelas persoas que teñan dereito á asistencia sanitaria gratuíta dentro do sistema nacional de saúde. A súa especificación, así como o alcance das prestacións sanitarias, serán determinados pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

A asistencia sanitaria ás persoas que non teñan a condición de beneficiarios efectuarase a cambio

dunha contraprestación económica que sufrague o custo do servicio, conforme o que se determine.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais natos:

-O director médico do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-O director de xestión (ou director operativo) do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-O xerente da área de atención primaria.

-Un representante dos concellos da área de influencia do hospital, designado por un período de dous anos por rigorosa quenda entre tódolos concellos.

-O director da fundación, que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos, e cesarán ó concluíren o seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte do mesmo en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans asistenciais, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados. A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de

sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º f) requirirá a previa autorización do padroado.

Sección segunda

O director

Artigo 15º.-O director.

1. O padroado nomeará un director, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director.

Corresponderanlle ó director, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente o padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Sección terceira

Áreas clínicas

Artigo 17º. Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador das actividades de tódalas áreas clínicas e da supervisión e control na calidade.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase.

A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación, e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos, ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previamente ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 20º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle aplicable o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 21º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicarlles, en calquera caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 22º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma en que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscrito ó Sergas.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por 3 peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos 5 anos anteriores ó seu nomeamento, que lle elevarán ó Consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e enderezo.

1. A fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. O ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar a toda España.

3. O domicilio da fundación radica en Santiago de Compostela (A Coruña), Edificio de Usos Múltiples, San Marcos, s/n.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración e capacidade xurídica.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, o Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódo

los actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

1. A fundación ten xenericamente por obxecto a realización de actividades de xestión, coordinación, consultoría, docencia e investigación prioritariamente en materia de atención extrahospitalaria en caso de emerxencia e urxencia sanitaria, así como no campo dos coidados críticos e na atención sociosanitaria, promovendo a eficacia, eficiencia e seguridade do sistema sanitario.

Para tal fin xestionará a Central de Coordinación de Urxencias Médicas regulada na Orde do 9 de outubro de 1995.

2. Tódalas actividades que constitúan o obxecto fundaciónal desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas competencias.

Artigo 6º.-Finalidade.

1. Os fins da fundación serán sempre de interese xeral, consistirán a título orientativo:

a) Na xestión e coordinación das demandas de asistencia sanitaria en casos de emerxencia ou urxencia.

b) Na xestión e coordinación da atención e transporte sanitario urxente de soporte vital básico e avanzado.

c) Na coordinación do transporte interhospitalario.

d) Na coordinación do transporte en transplantes, tanto de órganos como de doentes.

e) No asesoramento médico telefónico e a información orientativa (infosaúde) sobre servicios sanitarios.

f) Na organización e asesoría en materia de dispositivos sanitarios preventivos e asistenciais ante eventos de concorrencia pública.

g) Na asesoría e consultoría no desenvolvemento de plans organizativos relativos ó obxecto da fundación.

h) Na colaboración coas administracións, corporacións, entidades ou particulares do que sexa a súa competencia ou actividade e teña incidencia ou sexan de interese para a consecución dos obxectivos da fundación.

i) Na formación e investigación en materia de coordinación e asistencia sanitaria urxente, tanto do seu persoal como da poboación e os profesionais.

2. O obxecto fundacional poderá realizarse de maneira directa ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas.

3. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 7º.-Beneficiarios.

Serán beneficiarios da fundación, tódalas persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que demandan os servicios que poida presta-la fundación e estean dentro dos fins fundacionais.

A súa especificación, así como o alcance das prestacións sanitarias, serán determinados pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, no exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúa a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director e os cargos directivos que determinen os presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

Vocais natos:

-Os directores xerais de cada división do Sergas.

-O director da fundación, que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos, cesando ó concluí-lo seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

c) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste os seus servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Sergas, e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias por orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte del en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans asistenciais, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria alomenos dúas veces ó ano, nas cales haberán de aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en todo caso, sempre que así o soliciten por escrito alomenos a metade máis un dos patróns nomeados. A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. Esta reunión deberá celebrarse dentro dos quince días seguintes á recepción polo presidente da solicitude escrita da convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da

sesión, con cinco días de antelación. No caso de sesión extraordinaria a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria, cando estando presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, salvo que unanimemente o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Corresponden ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se xulga conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións, e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, dando conta disto na primeira sesión que se celebre do padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º f) requirirá previa autorización do padroado.

Sección segunda

O director

Artigo 15º.-O director.

1. O padroado nomeará un director, que será o órgano superior unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación poderá formalizar, co director un contrato laboral axeitado ó seu cometido funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e conforme as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director.

Corresponderanlle ó director, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente o padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Sección terceira

Áreas clínicas

Artigo 17º.-Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador das actividades de tódalas áreas clínicas e da supervisión e control na calidade.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase.

A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación, e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Dos rendementos do seu patrimonio.

f) Das subvencións, axudas, donativos ou legados e herdanzas aceptadas.

g) Dos créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal de aplicación.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 20º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle de aplicación o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 21º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicar, en todo caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 22º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma na que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscritos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por tres peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos cinco anos anteriores ó seu nomeamento, que elevarán ó Consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación Pública

Centro de Transfusión de Galicia

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Centro de Transfusión de Galicia (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. O domicilio da fundación radica en Santiago de Compostela, no antigo edificio Hospital Materno Infantil do Monte da Condesa.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; o Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

O obxecto da fundación é a organización funcional da hemoterapia e hemodoazón na Comunidade Autónoma de Galicia, o establecemento dun banco de tecidos humanos así como a realización doutras actividades que poden colaborar á consecución do obxectivo fundacional.

Tódalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Socias e do Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas respectivas competencias.

Artigo 6º.-Finalidade.

1. Son fins da fundación, de acordo coas funcións asignadas ó Centro de Transfusión polo Decreto 462/1990, do 20 de setembro, polo que se regula a hemodoazón-hemoterapia e os bancos de sangue en Galicia:

a) Promoción da hemodoazón e plasmaférese voluntarias.

b) Programación e execución de tódalas extraccións extrahospitalarias por medio de equipos móbiles.

c) Procesamento de tódalas unidades do sangue recollidas de forma extra e intrahospitalaria.

d) Abastecemento de sangue e derivados a tódolos hospitais e centros sanitarios públicos e privados da Comunidade Autónoma de Galicia de acordo coas súas necesidades.

e) Fraccionamento do sangue para a producción de hemoderivados básicos, que nunha primeira fase serán os seguintes: plasma fresco, plasma para alimentación parenteral, plaquetas, crioprecipitado e fibrenóxeno.

Posteriormente, e de acordo coas necesidades tanto nacionais como comunitarias, potenciarase a obtención de novos derivados para cumprir como obxectivo final o propio abastecemento no tratamento das coagulopatías.

f) Responsabilizarse do intercambio de plasma que se realice entre os bancos de sangue del dependentes e a industria fraccionadora.

O envío de plasma á industria productora de plasmaderivados realizarase preferentemente desde os centros de transfusión de Galicia. Naqueles casos nos que razóns de eficacia así o requiran, outros bancos da Comunidade Autónoma poderán enviar directamente o plasma obtido á industria fraccionadora, pero sempre baixo autorización e supervisión do Centro de Transfusión de Galicia.

g) Abastecemento de reactivos tanto ó propio centro coma ós hospitais da Comunidade.

h) Control de calidade dos reactivos utilizados e a tecnoloxía referente a transfusión.

i) Centro de referencia dos problemas derivados da inmunohematoloxía e hemoterapia.

j) Centro de referencia da tipaxe HLA.

k) Supervisa-lo cumprimento da normativa básica de avaliación da calidade dos bancos de sangue situados no territorio que teña asignado.

l) Dispoñer dun inventario actualizado referente a doadores, recursos humanos e materiais e actividades dos diferentes bancos de sangue e das necesidades do sangue, plasma e hemoderivados do ámbito territorial asignado.

ll) Promove-lo desenvolvemento da investigación tendente á obtención de novos derivados do sangue para usos terapéuticos.

m) Establecer programas e implantar cursos tendentes a garanti-la formación dos profesionais en materia de hemoterapia.

n) Manter unha estreita vinculación cos centros transfusionais da rede nacional así como cos bancos hospitalarios.

ñ) Desenvolve-la infraestructura necesaria para a criopreservación do sangue e dos seus derivados así como da medula ósea.

o) Calquera outra actividade tendente á planificación, coordinación e mellora da actividade relacionada coa captación de doadores, extracción, tratamento e distribución do sangue e dos seus derivados no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

p) Realización das determinacións analíticas que están dentro das competencias do centro e que sexan solicitadas polos hospitais incluídos no seu ámbito xeográfico de actuación.

2. Outros fins da fundación (segundo as funcións atribuídas ós bancos de tecidos no parágrafo 3 do artigo 6 do Decreto 217/1997, do 24 de xullo, polo que se regulan as actividades relativas á utilización de tecidos humanos na Comunidade Autónoma de Galicia), son os seguintes:

a) Transporte dos tecidos desde os centros de obtención ó banco e desde o banco ós centros de implantación.

b) Procesamento e preservación de tecidos.

c) Realización de controis internos de calidade, almacenamento e distribución de tecidos.

d) Organización de rexistros.

e) Xestiona-la información derivada das súas actividades.

f) Colaborar cos equipos médico-cirúrxicos extractores e/ou implantadores dos distintos tecidos, así como coa Oficina de Coordinación de Transplantes de Galicia e con outros bancos de tecidos da Comunidade Autónoma.

g) Elaborar anualmente un informe de actividade no que se estableza o número de tecidos recibidos, de tecidos utilizados, de tecidos non utilizados en stock, de tecidos destruídos por razóns médicas e de tecidos caducados.

h) Establecer programas e implantar cursos tendentes a garanti-la formación dos profesionais en materia de tecidos humanos.

i) Os tecidos humanos que serán obxecto das actividades da fundación serán os citados no parágrafo 2º do artigo 1 do Decreto 217/1997, do 24 de xullo, polo que se regulan as actividades relativas á utilización de tecidos humanos na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Participación en programas de promoción e protección da saúde, docencia no ámbito das ciencias da saúde, formación e actualización permanente dos coñecementos especializados do persoal dos servicios sanitarios e calquera outro relacionado coas finalidades citadas que acorde o padroado.

Artigo 7º.-Beneficiarios.

Terán a condición de beneficiarios tódalas aquelas persoas susceptibles de recibir asistencia sanitaria gratuíta dentro do sistema nacional de saúde, así coma aquelas persoas ás que vaian dirixidas as actividades de promoción, prevención e protección da saúde, de formación, docencia e investigación.

A súa especificación, así como o alcance das prestacións, serán determinados pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director técnico, o administrador e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais:

-O secretario xeral do Servicio Galego de Saúde.

-O director xeral da División de Asistencia Sanitaria do Servicio Galego de Saúde.

-Dous representantes do Servicio Galego de Saúde nomeados polo presidente.

-O director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-O director xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

-Un representante da Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue.

-Un representante da Asociación Galega de Hematoloxía e Hemoterapia.

b) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

c) Secretario: o administrador da fundación, que actuará con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios á fundación, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

Ás reunións do padroado asistirá o director técnico da fundación con voz pero sen voto.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte del en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

5. Co fin de asesora-lo director técnico nas funcións que lle son propias, así como para estimula-lo cumprimento das funcións e obxectivos marcados, especialmente no que fai referencia á promoción da doazón e á utilización correcta do sangue e os seus compoñentes, existirá na fundación unha comisión consultiva.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente e ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral emanados da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes :

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans de actividade, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director técnico e o administrador da fundación e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director técnico, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite máximo que fixe o padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados. A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º f) requirirá a previa autorización do padroado.

Sección segunda

O director técnico

Artigo 15º.-O director técnico.

1. O padroado nomeará un director técnico, médico especialista en hematoloxía-hemoterapia, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director técnico un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director técnico.

A fundación contará cun director técnico, que será un médico especialista en hematoloxía-hemoterapia.

Corresponderán ó director técnico as seguintes funcións:

a) Ostenta-la xefatura do persoal da fundación e exerce-la potestade disciplinaria de acordo co réxime respectivo.

b) Dirixi-los servicios e dependencias da fundación, propoñendo ó padroado a organización interna desta.

c) En xeral, ostenta-la representación por delegación do presidente da fundación ante as administracións públicas territoriais, ante as autoridades e organismos de calquera tipo e ante as entidades financeiras, para o exercicio de cantas actuacións se deriven do funcionamento, administración e xestión ordinaria da fundación.

d) Exercer, en caso de urxencia e por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

e) Calquera outra facultade que lle delegue o padroado.

Sección terceira

O Administrador

Artigo 17.- Funcións do administrador.

a) Inventaria-los bens mobles e describi-los inmobles da fundación.

b) Conservar e defende-lo patrimonio da fundación e obter dos seus bens os rendementos normais que fosen susceptibles.

c) Elabora-los plans e programas de actuación da fundación, o proxecto do orzamento anual, as contas e demais estados financeiros, así como a memoria de xestión, para a súa aprobación polo padroado.

d) Ordena-los gastos e pagamentos da fundación rendendo conta ó director técnico.

e) Formalizar e subscribi-las contratacións e operacións de crédito para o funcionamento ordinario da fundación ata os límites establecidos polo padroado dando conta ó director técnico.

f) Realizar toda a contratación de persoal para facer fronte ás necesidades da fundación, dando conta ó director técnico.

g) Calquera outra facultade que lle delegue o padroado.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase. A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación,

e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos, ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, con

siderarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 20º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle aplicable o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 21º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicarlles, en calquera caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes na mesma área de saúde, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 22º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma en que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscrito ó Sergas.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por 3 peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos 5 anos anteriores ó seu nomeamento, que lle elevarán ó Consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación pública

Hospital Verín

Verín-Ourense

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Hospital Verín (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. O ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente e investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar a toda España.

3. O domicilio da fundación radica no Hospital de Verín, Verín, Ourense.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e

de réxime orzamentario e administrativo ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; o Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito, civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

O obxecto da fundación é a xestión e administración do Hospital de Verín, que prestará asistencia sanitaria nas zonas da súa área de influencia. Consistirá na realización de actividades de promoción, prestación e xestión directa ou indirecta de recursos e servicios sanitarios, a docencia e investigación de ciencias da saúde, e a promoción da saúde individual e colectiva da comunidade en calquera das súas vertentes, así como a realización doutras actividades que poden colaborar á consecución do obxectivo fundacional.

Tódalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas respectivas competencias.

A coordinación concreta do desenvolvemento da súa actividade realizarase a través do complexo hospitalario de referencia da área sanitaria onde se encontre a súa área de influencia.

Artigo 6º.-Finalidade.

Os fins da fundación serán sempre de interese xeral:

a) A prestación de servicios sanitarios, a promoción da saúde e a prevención das enfermidades, en concordancia cos criterios de atención primaria e especializada.

b) As prestacións de servicios sociosanitarios en concordancia cos criterios da asistencia sociosanitaria.

c) A docencia relacionada coas ciencias da saúde, así como as actividades de investigación, estudio e divulgación sanitaria; poderá establecer convenios coa universidade e demais institucións competentes nesta materia.

d) A participación en programas de protección da saúde, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria e sociosanitaria.

e) A formación e actualización dos coñecementos do persoal da fundación.

f) Promociona-lo desenvolvemento dos recursos sanitarios a través de accións e programas propios ou con entidades concertadas.

g) Calquera outro relacionado coas finalidades citadas que acorde o padroado.

2. O obxecto fundacional poderá realizarse de maneira directa ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas.

3. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 7º.-Dos beneficiarios.

Terán a condición de beneficiarios todas aquelas persoas que teñan dereito á asistencia sanitaria gratuíta dentro do sistema nacional de saúde. A súa especificación, así como o alcance das prestacións sanitarias, serán determinados pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

A asistencia sanitaria ás persoas que non teñan a condición de beneficiarios efectuarase a cambio dunha contraprestación económica que sufrague o custo do servicio, conforme o que se determine.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais natos:

-O director médico ou director operativo do Complexo Hospitalario de Ourense.

-O director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.

-Un representante dos concellos da área de influencia do hospital, designado por un período de dous anos por rigorosa quenda entre tódolos concellos.

-O director da fundación, que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos, e cesarán ó concluíren o seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte del en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans asistenciais, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e

responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados.

A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º requirirá a previa autorización do padroado.

Sección 2ª

O director

Artigo 15º.-O director.

1. O padroado nomeará un director, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director.

1. Corresponderanlle ó director, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente o padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Sección terceira

Áreas clínicas

Artigo 17º.-Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador das actividades de tódalas áreas clínicas e da supervisión e control na calidade.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase. A súa adquisición, administración e disposición corres

póndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación, e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos, ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes

do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 20º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle aplicable o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 21º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicarlles, en calquera caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes na mesma área de saúde, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 22º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma en que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscrito ó Sergas.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por 3 peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos 5 anos anteriores ó seu nomeamento, que lle elevarán ó Consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación pública

Instituto Galego de Oftalmoloxía

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Instituto Galego de Oftalmoloxía (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á consecución dos obxectivos que se recollen no artigo 5º destes estatutos.

2. O ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente e investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar a toda España.

3. O domicilio da fundación radica en Santiago de Compostela, A Coruña, no edificio do antigo Hospital Provincial, na rúa Galeras, sede do antigo Hospital Xeral de Galicia.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, as disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; o Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposicións que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

1. A fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía ten xenericamente por obxecto a prestación de servicios especializados de consultoría, planificación, avaliación e prestación de servicios oftalmolóxicos de alta complexidade, docencia e investigación.

En particular, a título orientativo poderán constituír o seu obxecto as seguintes actividades:

1. Servicios especializados e integrais en prestacións oftalmolóxicas de alta complexidade.

2. A asesoría e consultoría no desenvolvemento de novas prestacións diagnósticas e/ou terapéuticas.

3. O deseño e implantación de sistemas de corrección ocular.

4. A docencia e investigación en prestacións oftalmolóxicas e tecnolóxicas afines.

5. O control de calidade en prestacións oftalmolóxicas.

6. O desenvolvemento de actividades de investigación, docencia e prestación de servicios de todo tipo de planificación e evaluación na área de medicina molecular.

Así mesmo, a fundación poderá realizar cantas actividades conexas e consecuentes cos seus obxectivos estime necesarias.

2. O obxecto fundacional poderá ser realizado de modo directo, ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas, ou a través de accións ou participacións en sociedades de obxecto idéntico ou análogo ou mediante calquera outra fórmula admitida en dereito.

3. A actividade docente e investigadora levarase a cabo pola mesma fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía, en colaboración coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Sergas e demais institucións competentes na materia.

4. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 6º. Dos beneficiarios.

No desenvolmento do seu obxecto a fundación respectará en todo caso os dereitos dos beneficiarios, considerándose como tales tódolos cidadáns eventualmente usuarios dos servicios da fundación, e en particular os enfermos. Neste sentido considérase o usuario como eixe de tódalas actividades da fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía, promovendo a súa satisfacción tanto en aspectos técnicos como humanos.

Artigo 7º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 8º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director técnico e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 9º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais natos:

Un mínimo de 5 e un máximo de 10 nomeados e separados libremente polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

O director técnico da fundación, actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos, e cesarán ó concluíren o seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte del en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 10º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente e ós criterios de planificación, coordinación e ás direc

trices de carácter xeral emanados da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans de actividades, docentes e de investigación, e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director técnico da fundación e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director técnico, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director técnico ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación, e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentros e de Función Pública, e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 11º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados. A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado

lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 12º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación, e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 13º.-Vicepresidente-director executivo.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 12º f) requirirá a previa autorización do padroado.

c) Propoñer e executa-los plans estratéxicos e operativos que posibiliten o desenvolvemento harmónico da fundación.

d) Propoñer ó padroado o nomeamento e cese de cargos directivos que, se é o caso, teña establecidos a fundación.

Sección segunda

O director técnico

Artigo 14º.-O director técnico.

1. O padroado nomeará un director técnico, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director técnico un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 15º.-Funcións do director técnico.

Corresponderanlle ó director técnico, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente o padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación, e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 16º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase. A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación, e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 17º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos, ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novembro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. En calquera caso, a antedita aprobación, no

relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto Lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano, e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia, e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.

Artigo 18º.-Réxime contable e control financeiro.

1. Na xestión e rexistro de actividades económicas e patrimoniais seralle aplicable o Plan xeral de contabilidade aplicable ás entidades non lucrativas.

2. Verbo do control financeiro permanente da fundación, haberá que aterse ó disposto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo IV

Réxime de persoal

Artigo 19º.-Réxime de persoal.

1. O réxime xurídico do persoal da fundación será de carácter laboral, coas garantías que establece para este efecto o Estatuto dos traballadores e demais normas laborais.

2. A fundación deberá aplicarlles, en calquera caso, ós sistemas de selección de persoal ó seu servicio os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3. Tamén, e co obxecto de garanti-la adecuada coordinación e optimización dos recursos sanitarios públicos existentes, poderá desempeña-lo seu traballo na fundación o persoal das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, na forma que estableza este organismo en coordinación coa dirección da fundación.

Capítulo V

Extinción

Artigo 20º.-Extinción da fundación.

1. A disolución da fundación realizarase por acordo dos membros do padroado ou por imposibilidade legal ou material de cumpri-los seus obxectivos. No caso de acordo de disolución, este requirirá maioría

reforzada (2/3 do número legal dos membros) e a ratificación do protectorado.

Así mesmo, a fundación extinguirase nos outros supostos legalmente previstos.

2. O acordo de disolución determinará a forma en que se procederá á liquidación dos bens pertencentes á fundación, que en todo caso pasarán a integrarse no patrimonio da Xunta de Galicia, adscrito ó Sergas.

O Consello da Xunta de Galicia designará unha comisión liquidadora, constituída por 3 peritos de recoñecida profesionalidade, non vinculados á fundación nos 5 anos anteriores ó seu nomeamento, que lle elevarán ó consello unha proposta sobre o procedemento para a formalización da disolución.

Estatutos da fundación pública

Hospital Comarcal do Salnés

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Denominación, natureza, nacionalidade, ámbito e domicilio.

1. A fundación pública Hospital Comarcal do Salnés (en diante, a fundación), de competencia autonómica, é unha entidade sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que ten afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio á realización dos fins de interese xeral que se detallan no artigo 6º destes estatutos.

2. Ó ámbito territorial no que desenvolve principalmente as súas actividades limítase á súa zona de influencia dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto no que se refire á súa actividade docente e investigadora nos eidos da sanidade e a saúde pública, que poderá alcanzar toda España.

3. O domicilio da fundación radica no Hospital do Salnés, Estromil. Ande-Rubiáns, concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O domicilio poderá ser trasladado mediante acordo do padroado da fundación, de conformidade coas disposicións que resulten aplicables.

A fundación poderá establecer delegacións ou centros naqueles lugares nos que desenvolva as súas funcións.

Artigo 2º.-Duración.

A fundación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.-Réxime normativo.

1. A fundación rexerase polos presentes estatutos, polos regulamentos que regulen a súa organización, funcionamento e ordenación das diferentes actividades, así como polas disposicións legais que lle sexan aplicables; en concreto, pola Lei do Parlamento de Galicia 7/1983, do 22 de xuño, reformada parcialmente pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de réxime das fundacións de interese galego, polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, polo

disposto no decreto de adaptación das fundacións sanitarias á disposición adicional sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, ou, se é o caso, nas disposicións que as substitúan.

2. Así mesmo, rexerase polas disposicións que lle sexan aplicables da Lei 30/1994, do 24 de novembro, sobre fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; o Real decreto 316/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de competencia estatal ou disposición que as substitúan, e polo resto das disposicións legais de dereito civil, mercantil, laboral ou administrativo que sexan aplicables.

Artigo 4º.-Personalidade e capacidade xurídica.

1. Para o cumprimento dos seus fins e en defensa dos intereses e dereitos, a fundación terá plena capacidade xurídica e de obrar. En consecuencia, con carácter enunciativo e non limitativo, poderá adquirir, posuír, reivindicar, permutar, gravar e allear toda clase de bens; realizar contratos, obrigarse, promover, seguir, opoñerse e desistir dos procedementos que fosen oportunos; exerce-las accións, excepcións e recursos que segundo a lei lle correspondan ante toda clase de tribunais, organismos, corporacións, autoridades competentes e entidades, tanto de dereito público como de dereito privado e, en xeral, tódolos actos necesarios para conseguir, conforme a lexislación aplicable a cada suposto, os obxectivos establecidos nestes estatutos.

2. A fundación continuará coa personalidade xurídica adquirida desde a inscrición da súa escritura pública de constitución no rexistro correspondente.

Artigo 5º.-Obxecto.

O obxecto da fundación é a xestión e administración do Hospital do Salnés, que prestará asistencia sanitaria nas zonas da súa área de influencia. Consistirá na realización de actividades de promoción, prestación e xestión directa ou indirecta de recursos e servicios sanitarios, a docencia e investigación de ciencias da saúde e a promoción da saúde individual e colectiva da comunidade en calquera das súas vertentes, así como a realización doutras actividades que poden colaborar á consecución do obxectivo fundacional.

Tódalas actividades que constitúen o obxecto fundacional desenvolveranse con suxeición ós criterios de planificación e coordinación e ás directrices de carácter xeral emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Servicio Galego de Saúde no ámbito das súas respectivas competencias.

A coordinación concreta do desenvolvemento da súa actividade realizarase a través do complexo hospitalario de referencia da área sanitaria onde se encontre a súa área de influencia.

Artigo 6º.-Finalidade.

1. Os fins da fundación serán sempre de interese xeral:

a) A prestación de servicios sanitarios, a promoción da saúde e a prevención das enfermidades, en concordancia cos criterios de atención primaria e especializada.

b) As prestacións de servicios sociosanitarios en concordancia cos criterios da asistencia sociosanitaria.

c) A docencia relacionada coas ciencias da saúde, así como as actividades de investigación, estudio e divulgación sanitaria, podendo establecer convenios coa universidade e demais institucións competentes nesta materia.

d) A participación en programas de protección da saúde, prevención da enfermidade, asistencia sanitaria e sociosanitaria.

e) A formación e actualización dos coñecementos do persoal da fundación.

f) Promociona-lo desenvolvemento dos recursos sanitarios a través de accións e programas propios ou con entidades concertadas.

g) Calquera outro relacionado coas finalidades citadas que acorde o padroado.

2. O obxecto fundacional poderá realizarse de maneira directa ou a través de contratos, concertos e convenios de colaboración con terceiras persoas.

3. A fundación, en cumprimento dos seus fins, estará obrigada a dar publicidade suficiente dos seus obxectivos e actividades.

Artigo 7º.-Dos beneficiarios.

Terán a condición de beneficiarios todas aquelas persoas que teñan dereito á asistencia sanitaria gratuíta dentro do sistema nacional de saúde. A súa especificación, así como o alcance das prestacións sanitarias, serán determinadas pola normativa vixente ou polo contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a fundación.

A asistencia sanitaria a persoas que non teñan a condición de beneficiarios efectuarase a cambio dunha contraprestación económica que sufrague o custo do servicio, conforme o que se determine.

Artigo 8º.-Protectorado.

1. A Xunta de Galicia asumirá a función de protectorado. As facultades deste serán exercidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia e Administración Pública no relativo ó Rexistro das Fundacións de Interese Galego.

2. O protectorado, en exercicio da función tuitiva que lle corresponde sobre a fundación, exercerá as facultades que lle atribúe a lexislación vixente na materia.

Capítulo II

Órganos da fundación

Artigo 9º.-Órganos da fundación.

A fundación estará rexida polo padroado, órgano de goberno, control e representación, que estará integrado polo presidente, vicepresidente, os vocais e o secretario.

Serán órganos de xestión da fundación o director e os cargos directivos que se determinan nos presentes estatutos.

Sección primeira

O padroado

Artigo 10º.-Composición.

1. O padroado é o órgano de goberno superior da fundación que asume o seu control e representación.

2. O padroado comporase dos seguintes membros:

a) Patróns natos: ocupan a praza en virtude do seu cargo e perderán a súa condición ó cesaren naquel. Son os seguintes:

1) Presidente: o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais ou a persoa que el designe.

2) Vocais natos:

-O director médico ou director operativo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-O director de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-O xerente da área de atención primaria.

-Un representante dos concellos da área de influencia do hospital, designado por un período de dous anos por rigorosa quenda entre tódolos concellos.

-O director da fundación, que actuará como vocal con voz pero sen voto.

b) Patróns electivos: son designados por períodos de dous anos e cesarán ó concluíren o seu mandato se este non é prorrogado. Son os seguintes:

-Tres persoas designadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Tres persoas designadas polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

c) Vicepresidente: será un membro do padroado elixido de entre eles.

d) Secretario: con voz pero sen voto, que será designado polo padroado entre o persoal que preste servicios ó hospital, á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Servicio Galego de Saúde e sexa titulado superior.

O secretario realizará a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias de orde do presidente.

Así mesmo, levantará acta das sesións do padroado e autorizaraas co visto e prace do presidente. As certificacións de acordos do padroado serán expedidas con estas mesmas sinaturas.

3. O conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais poderá nomear ata un máximo de tres persoas máis, que poderán asistir ás reunións do padroado e formarán parte do mesmo en calidade de vocais-asesores con dereito a voz e sen voto.

4. Os membros natos do padroado poderán designar un representante que actúe no seu nome.

Artigo 11º.-Funcións do padroado.

Con estricta suxeición á normativa vixente, ós criterios de planificación, coordinación e ás directrices de carácter xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, serán funcións do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes:

a) Determina-los criterios de actuación da fundación dentro do marco fixado polos estatutos.

b) Adopta-las medidas e disposicións convenientes que garantan o mellor cumprimento dos fins establecidos.

c) Aprobación dos plans xerais, económicos, financeiros, operativos, de obras e investimento e a súa periodificación anual, que deben reflectirse nos orzamentos anuais que tamén ha de aprobar.

d) Aprobar periodicamente os plans asistenciais, docentes e de investigación e os seus resultados.

e) Aproba-lo inventario-balance anual, a liquidación do orzamento e da conta de resultados consecuencia da xestión asistencial e económica da entidade no período anterior.

f) Nomea-lo director e fixa-las relacións contractuais. Por proposta do director, nomea-los cargos directivos e fixa-las súas atribucións.

g) Autoriza-la política de persoal e réxime retributivo dentro dos límites legais e, en particular, a aprobación do cadro de persoal fixando os criterios da súa selección.

h) Adopta-los acordos de disposición e gravame sobre os bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio da fundación.

i) Autoriza-los contratos de obras.

j) Aproba-los contratos de servicios e subministracións da fundación. Esta función poderá ser delegada no director ata o límite fixado polo padroado.

k) Aproba-la memoria anual da fundación.

l) Aproba-los acordos e/ou convenios que considere de interese para a mellor consecución dos seus fins.

m) Adopta-lo logotipo, selo ou selos como imaxe representativa da fundación e autoriza-lo seu uso.

n) Aproba-los criterios de facturación e de ordenamento de pagamentos propostos polo director.

ñ) Acorda-lo exercicio das accións e excepcións que considere oportunas, así como os recursos e reclamacións xudiciais e administrativos, en defensa dos dereitos e intereses da fundación.

o) Aceptar doazóns cando comporten algunha condición ou modalidade onerosa, así como legados e herdanzas a beneficio de inventario; non obstante, para repudialos precísase a autorización expresa do protectorado.

p) Aproba-la estructura e organigrama da fundación, con indicación das distintas áreas e órganos de apoio á dirección, determinando as funcións e responsabilidades dos directores de cada unha delas. O dito organigrama estará suxeito a informe conxunto da Dirección Xeral de Orzamentos e de Función Pública e ó control de masa salarial que prevén as sucesivas leis anuais de orzamentos.

q) Con suxeición á normativa vixente, o padroado poderá conferir apoderamentos ou delega-las súas funcións no director, comisións ou comités que se constitúan e cargos directivos da fundación, así como encomendarlles a entidades aspectos concretos da xestión.

r) As demais funcións que lle encomenden os estatutos e a normativa vixente na materia.

Artigo 12º.-Funcionamento, convocatoria e acordos.

1. Periodicidade das sesións:

O padroado reunirase en sesión ordinaria polo menos dúas veces ó ano, nas cales terán que aprobarse, respectivamente, os orzamentos e as contas anuais da fundación.

O presidente poderá convoca-lo padroado a reunións extraordinarias cando o considere oportuno e, en calquera caso, sempre que así o soliciten por escrito polo menos a metade máis un dos patróns nomeados. A solicitude dos patróns terá que especifica-los asuntos que deberán ser incluídos na orde do día. A devandita reunión ha de realizarse dentro dos quince días desde que o presidente reciba a solicitude escrita de convocatoria.

2. Convocatoria:

Para a válida constitución das sesións requírese a convocatoria por escrito dirixida a cada vocal na que se expresará a orde do día, lugar e hora da sesión, con cinco días de antelación. En caso de sesión extraordinaria, a convocatoria poderá realizarse con vintecatro horas de antelación por un medio que permita deixar constancia. Así mesmo, considerarase constituído o padroado en sesión extraordinaria cando ó estar presentes a totalidade dos seus membros así o acorden. En tal caso, o padroado quedará validamente constituído para trata-los temas que unanimemente decidisen incluír na orde do día os membros con dereito a voto.

3. Acordos:

Para que quede validamente constituído o padroado requírese a concorrencia, presentes ou representados por outros membros do padroado, da metade máis un dos membros.

Os acordos, se a lei non esixe un quórum especial, adoptaranse por maioría absoluta e, no caso de empate, decidirá o voto de calidade do presidente.

Non serán válidos os acordos que non consten na orde do día, agás que unanimemente todo o padroado lle engadise algún punto que ampare a adopción do acordo.

O padroado deberá remitir copia dos acordos adoptados ó Protectorado de Fundacións a través da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no prazo de vinte días desde a súa adopción.

Artigo 13º.-Presidente.

Correspóndenlle ó presidente do padroado, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Exerce-la representación da fundación e do seu padroado.

b) Convocar, presidir, suspender e levanta-las sesións, arbitra-las deliberacións do padroado e desface-los empates co seu voto de calidade.

c) Autoriza-la asistencia doutras persoas ás reunións do padroado, en calidade de acompañantes dos membros, se a súa presencia se considera conveniente pola natureza das cuestións que se van debater.

d) Supervisa-las operacións da fundación e presentarlle ó padroado os informes que considere oportunos.

e) Exercer, en caso de urxencia, toda clase de accións, excepcións e recursos xudiciais e administrativos en defensa dos dereitos e intereses da fundación e informar disto na primeira sesión que realice o padroado.

f) Calquera outra función que lle sexa validamente encomendada ou delegada polo padroado.

Artigo 14º.-Vicepresidente.

Son funcións do vicepresidente:

a) Substituí-lo presidente e exerce-las súas funcións en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

b) Aquelas que por escrito lle sexan delegadas polo presidente. A delegación das funcións do artigo 13º f) requirirá a previa autorización do padroado.

Sección segunda

O director

Artigo 15º.-O director.

1. O padroado nomeará un director, que será o superior órgano unipersoal de xestión da fundación.

2. A fundación formalizará co director un contrato laboral adecuado ó seu labor funcional. En ningún caso a duración do contrato poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e consonte as disposicións aplicables na materia.

Artigo 16º.-Funcións do director.

Corresponderanlle ó director, no marco da normativa vixente, as seguintes funcións:

a) Executar e facer cumpri-los acordos do padroado e as instruccións do presidente impartidas no marco das súas atribucións.

b) Exercer, por delegación do presidente, a representación da fundación, sen prexuízo da representación que lle corresponde ó vicepresidente nos supostos de ausencia do presidente.

c) Propoñer e executa-las estratexias e políticas de actuación da fundación.

d) Dirixir, xestionar e inspeccionar, conforme as directrices do padroado, a organización e actividades da fundación que conduzan á consecución e mantemento dun alto nivel na práctica asistencial e demais fins da fundación.

e) Establecer, aprobar e facer cumpri-las normas de funcionamento interno da fundación, globais e en cada unha das súas unidades organizativas.

f) Elaborar e propoñerlle ó padroado o orzamento anual de gastos e ingresos e, se é o caso, as modificacións.

g) Administra-lo patrimonio segundo as leis e as atribucións conferidas polo padroado.

h) Ordena-los pagamentos e a xestión de tesourería de acordo cos criterios aprobados polo padroado.

i) Dentro dos límites establecidos polo padroado, a adquisición de bens e servicios, así como a contratación de obras.

j) Propoñerlle ó padroado o nomeamento e cesamento dos cargos directivos.

k) Desenvolve-la política de persoal deseñada polo padroado e, para tal fin, selecciona-lo persoal, concertar ou rescindir relacións laborais, acordar sancións e executa-los acordos do padroado sobre o réxime retributivo.

l) Informar regularmente o padroado dos resultados de xestión, clínicos, operativos e financeiros e, especialmente, prepara-la memoria do exercicio e o balance da situación.

m) Exercer en caso de urxencia, por delegación do presidente, as accións, excepcións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e intereses da fundación e informa-lo padroado na primeira sesión que se realice.

n) Calquera outra función que lle delegue o padroado.

Sección terceira

Áreas clínicas

Artigo 17º.-Áreas clínicas.

A actividade asistencial organizarase en áreas clínicas nas que se agruparán as unidades funcionais que integrarán os profesionais e os equipos interdisciplinarios que se responsabilicen da xestión dun grupo específico de procedementos asistenciais.

Designarase un coordinador das actividades de tódalas áreas clínicas e da supervisión e control na calidade.

Capítulo III

Réxime patrimonial, financeiro e contable

Artigo 18º.-O patrimonio.

1. O patrimonio da fundación poderá estar constituído por bens e dereitos de calquera clase. A súa adquisición, administración e disposición correspóndelles ós órganos da fundación de acordo con estes estatutos.

2. Poderán adscribirse á fundación bens e dereitos sen que isto implique a transmisión do dominio. Esta clase de bens e dereitos deberán figurar no balance da entidade polo seu valor de cesión e debidamente separados daqueles que fosen adquiridos ou se adquiran no exercicio da actividade da fundación e, polo tanto, deban estar incorporados ó seu patrimonio.

a) As melloras, reparacións, conservación e mantemento destes bens serán por conta da fundación.

b) A fundación non poderá allear nin dar de baixa ningún elemento, ben ou equipo que figure en réxime de cesión sen obter, previamente, a autorización dos órganos competentes para iso.

3. O patrimonio da fundación quedará reflectido no inventario que ha de revisar e aprobar anualmente o padroado. Os bens que sexan susceptibles de inscrición, inscribiranse no Rexistro da Propiedade. Os fondos públicos e valores mobiliarios deberán depositarse ó seu nome nos establecementos financeiros ou Caixa Xeral de Depósitos.

4. Os bens que integran o patrimonio fundacional, sen prexuízo dos actos necesarios para a súa xestión e administración, quedan vinculados exclusivamente ó cumprimento directo ou indirecto dos fins fundacionais.

Artigo 19º.-Réxime e recursos económicos.

1. Os recursos económicos da fundación compóñense de:

a) A dotación inicial.

b) Os derivados do contrato-programa co Sergas.

c) Os ingresos que puidesen proceder da facturación dos seus servicios, de acordo coa normativa vixente.

d) Os ingresos procedentes das sociedades filiais ou empresas nas que participe.

e) Os rendementos do seu patrimonio.

f) Subvencións, axudas, donativos ou legados e herdanzas aceptados.

g) Os créditos e préstamos que lle sexan concedidos.

h) Calquera outro, no marco legal aplicable.

2. O proxecto de orzamento anual de ingresos e gastos seralle presentado ó padroado antes do 1 de xuño, conforme a estructura e contido sinalado no artigo 21 e seguintes da Lei 11/1991, do 8 de novem

bro, e no capítulo V e seguintes do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, ou pola normativa que as substitúa en cada momento.

3. O referido proxecto de orzamento será aprobado polo padroado antes do 20 de xuño de cada ano, previo ó exercicio económico, e ha de remitírselle, a través da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á Consellería de Economía e Facenda antes do 1 de xullo para a elaboración do anteproxecto da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

En calquera caso, a antedita aprobación, no relativo ás achegas que se vaian percibir con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, considerarase condicionada ás resultantes de tramitación e definitiva aprobación destes.

4. Sen prexuízo do previsto nos parágrafos anteriores, respecto do réxime financeiro e orzamentario haberá que aterse ó que prevexa o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, para as sociedades públicas autonómicas ás que se refire o artigo 12.1º a) da dita lei.

5. A fundación só poderá concertar operacións de crédito por necesidades de tesourería por un período de amortización de capital e xuro inferior a un ano e sempre que se destine o seu importe ós fins da fundación, sen supera-lo límite máximo que para cada exercicio se establece na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Na contratación, a fundación respectará, en todo caso, os principios de publicidade e concorrencia e rexerase polas previsións contidas ó respecto pola lexislación de contratos das administracións públicas.