Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 23 de abril de 2001 de concesión de axudas ó fomento da transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e a contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D do expediente administrativo FM 342F 2000/188-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas ó fomento da transformación dos contratos en prácticas en indefinidos e a contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342F 2000/188-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: A B Brokers, Correduría de Seguros, S.L.

Enderezo: r/ Gran Vía, 19-3º esq., 36204 Vigo (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 23-4-2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

«Primeiro.-Concederlle á A B Brokers, Correduría de Seguros, S.L., as axudas e subvencións pola trans

formación dun contrato en prácticas en indefinido dun traballador na contía seguinte:

-Axuda pola transformación dun contrato en prácticas en indefinido, por un importe total de 500.000 pesetas.

Segundo.-Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base 15 do anexo E da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: febreiro/01, outubro/00, xuño/00 e xaneiro/00 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

Terceiro.-Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décimo sexta do anexo E da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 23 de abril de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra