Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 17 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a Resolución do 9 de xullo de 2001 de concesión de axudas á contratación indefinida do expediente administrativo FM 342B 2000/4289-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de concesión de axudas á contratación indefinida da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:

1. Expediente de procedemento: FM 342B 2000/4289-5.

Orde de convocatoria: 13 de marzo de 2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).

Interesado: Carpintería Carpas, S.L. Laboral.

Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, 175-bx., 36950 Moaña (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación ó abeiro da Orde do 13-3-2000 do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude con data do 9-7-2001.

Parte dispositiva da resolución:

ACORDA:

«Primeiro.-Concederlle á Carpintería Carpas, S.L. Laboral as axudas e subvencións pola contratación indefinida dun traballador na contía seguinte:

-Axuda pola contratación indefinida inicial dun traballador, por un importe total de 300.000 pesetas.

Segundo.-Condiciona-lo pagamento destas axudas e subvencións, de conformidade coa base novena do anexo B da orde de convocatoria, á presentación por parte do beneficiario, no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ó da presente notificación, dun exemplar, orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se indica:

-Certificados de atoparse ó día nos pagamentos á Seguridade Social.

-Certificados de atoparse ó día na Axencia Estatal Tributaria.

-Certificado de non ter contraídas débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

-Modelo TA-2 de comunicación á Seguridade Social da contratación indefinida, co código correcto.

-Declaración expresa, á data actual, comprensiva de tódalas axudas e subvencións solicitadas ou concedidas para este mesmo proxecto, ou, de se-lo caso, de que non solicitou ou percibiu ningunha axuda e subvención das distintas administracións públicas.

-Alto no imposto de actividades económicas.

-TC1 e 2, dos meses seguintes: abril/01, marzo/00, outubro/00 e decembro/99 (as empresas dadas de alta con posterioridade a esas datas presentarán os TC que correspondan e a inscrición da empresa na Seguridade Social, modelo TA-6).

Terceiro.-Lembrarlle ó beneficiario o necesario cumprimento das obrigas de mantemento, información e comunicación establecidas na base décima do anexo B da orde reguladora, así como a revogación e o reintegro da subvención no caso de incumprimento, previstos no artigo 11 da citada orde.

Notifíqueselle ó interesado esta resolución, que pon fin á vía administrativa e contra a que cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, pode interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, ante esta delegación provincial, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 9 de xullo de 2001. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 17 de setembro de 2001.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra