Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación de tres servicios de traslado de fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, dos seguintes contratos de servicios:

1. Traslado dos fondos artísticos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

-Orzamento de licitación: sete millóns cincocentas mil pesetas (7.500.000 pesetas, 45.075,91 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Traslado dos fondos bibliográficos e mobiliario do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

-Orzamento de licitación: oito millóns cincocentas mil pesetas (8.500.000 pesetas, 51.086,03 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Traslado dos fondos arqueolóxicos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

-Orzamento de licitación: vinteseis millóns de pesetas (26.000.000 de pesetas, 156.263,15 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: corenta e cinco (45) días.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo III; subgrupo 9, categoría D.

Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 59 99 24. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

768.....traslado fondos artísticos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.as?N=

769.....traslado fondos bibliográficos e mobiliario.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

770.....traslado fondos arqueolóxicos.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión do pro-

posicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo