Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

01/105-3). 13.852

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/86-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Gallega de Análisis y Servicios Hosteleros.

Domicilio social: inst. e vari-estr. Salgueiros, 47, Reboredo, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: L.M.T., C.T., estación de servicio-Infesta.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 130 m de lonxitude, derivada da L.M.T. ó C.T. de Currás (propiedade de U. Fenosa, S.A.) en instalación aérea 35 m e pasa a subterránea 95 m ata o C.T. proxectado en caseta prefabricada con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V, preto da estación de servicio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense