Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: cambio de tensión a 160 kVA do C.T. A Igrexa-Xanceda.
Situación: Mesía.
Descricións técnicas: que co fin de mellorar a seguridade e a calidade da subministración ós aboados do lugar da Igrexa de Xanceda, no Concello de Mesía, proxéctase o aumento de potencia do C.T., centro de transformación de 160 kVA, a 10/20 kV.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 17 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña