Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/105-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2001, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2-Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Soutelo.

Situación: Cortegada.

Descricións técnica: liña aérea a 20 kV, de 240 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 82 da L.M.T. ó C.T. de Louredo e remata no C.T. proxectado en Soutelo, aéreo con 50 kVA, r/t 380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. de Soutelo.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aqueloutras que coiden oportunas.

Ourense, 14 de setembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2001/105 Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. SouteloTermo municipal: Cortegada.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A GranxaPiñeiral e pradoHrdos. Concepción Alonso

e Gustavo Bueno

Rpta. José Luis Bueno

Alonso

Consejo de Ciento, 592-baixos

Barcemobel, S.A.

08026 Barcelona

121321.710

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3A CapillaLabradíoHrdos. Concepción Alonso

e Gustavo Bueno

Rpta. José Luis Bueno

Alonso

Consejo de Ciento, 592-baixos

Barcemobel, S.A.

08026 Barcelona

2334417

4A CapillaArboredaAgustín Pérez RodríguezSoutelo-San Benito

Cortegada

2338304