Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de
decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Udesa.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. a C.T. Carballal.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: co fin de mellora-la seguridade e a calidade da subministración ós aboados do lugar de Carballal no Concello de Santiago de Compostela, proxéctase unha L.M.T. a 15/20 kV, de 1.565 m de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento de Lavacolla e termo no C.T. de Carballal
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 17 de setembro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña