Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Xoves, 25 de outubro de 2001 Páx. 13.826

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de outubro de 2001 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda moda

lidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco, é obxecto desta regulación a garantía e protección dos dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente do seu honor e intimidade persoal e familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, e en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación de ficheiros automatizados de datos de carácter persoal que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, deberá indicarse nas disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde creados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente na materia.

Artigo 5º.-Órganos responsables da seguridade dos ficheiros.

Serán responsables dos ficheiros as persoas ou órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os que se exercerán os dereitos de acceso, rectificación e cancelación, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia dos datos lle corresponde ó empregado público que estea ó cargo do ficheiro correspondente.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Servicio Galego de Saúde (Sergas).

1. Xestión de persoal.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión de persoal, contratacións, baixas, xubilacións, conceptos, retribucións, control de absentismo, estatísticas de persoal, elaboración da nómina e todo o relacionado coa xestión de persoal dun centro. Utilización como ferramenta na confección de estatísticas.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas con vinculación laboral ou profesional co centro.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

Formularios ou cupóns.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos relativos a afiliación sindical.

-Datos relativos a saúde.

-Datos relativos a infraccións administrativas.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./Mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e nº de rexistro persoal.

-Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo e nacionalidade.

-Datos de circunstancias sociais: situación militar e licencias/permisos/autorizacións.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións, experiencia profesional e pertenza a asociacións profesionais.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina e historial do traballador.

-Datos económico-financeiros: ingresos/rendas, créditos/préstamos/avais, datos bancarios, datos económicos de nómina, seguros e datos de deduccións impositivas/impostos.

f) Cesións previstas.

-Ministerio de Economía e Facenda.

-Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Organismos oficiais estatísticos.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Servicio Galego de Saúde.

h) Servicio ou unidade ante os que se poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-Pontevedra:

* Fundación Pública Hospital do Salnés.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

2. Historias clínicas.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Datos da historia clínica do paciente para o seguimento deste, xestión da actividade asistencial, xestión financeira, facturación, actividade docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

-Enquisas ou entrevistas.

-Formularios ou cupóns.

-Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos especialmente protexidos: relixión, saúde e vida sexual.

-Datos de carácter identificativo: identificación do paciente no ficheiro de usuarios do sistema sanitario.

-Datos de características persoais: datos de familia, data/lugar de nacemento, características físicas ou antropométricas, sexo, idade, datos de conducta e antecedentes persoais e familiares psiquiátricos.

-Datos de circunstancias sociais: características de aloxamento/vivenda, afeccións e estilo de vida, situación familiar de convivencia e situacións de risco social.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

-Datos de detalles de emprego: situación laboral, posto de traballo e sector de actividade.

-Datos económicos-financeiros e de seguros: ingreso, rendas e seguros.

f) Cesións previstas.

-Ministerio de Sanidad.

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Organismos oficiais estatísticos.

-Outros organismos sanitarios.

-Provedores de material de prótesis ou implantes.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Servicio Galego de Saúde.

h) Servicio ou unidade ante os que se poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-Pontevedra:

* Fundación Pública Hospital do Salnés.

* Centro de Saúde López Mora.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: alto.

3. Usuarios do sistema sanitario.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Coñece-la identidade do paciente, así como os seus datos persoais para a identificación e asociación de datos da historia clínica, xestión da actividade financeira, docente, producción de estatísticas e investigación sanitaria.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ó sistema sanitario.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

-Formularios ou cupóns.

-Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nº S.S./Mutualidade, nome e apelidos, enderezo, teléfono e C.I.P.

-Datos de características persoais: datos de estado civil, datos de familia, data/lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, lingua materna e datos de tarxeta sanitaria.

-Datos académicos e profesionais: formación/titulacións.

f) Cesións previstas.

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

-Outros organismos sanitarios.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Servicio Galego de Saúde e a Subdirección de Información Sanitaria.

h) Servicio ou unidade ante os que se poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados (para o Servicio Galego de Saúde).

-Pontevedra:

* Fundación Pública Hospital do Salnés.

* Centro de Saúde López Mora.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

4. Relacións comerciais e económicas con terceiros.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Seguimento e control das relacións comerciais e económicas con terceiros: provedores, investigadores, aseguradores e traballadores. Ofertas comerciais facilitadas por provedores. Elaboración de estatísticas e comparativas de xestión. Control económico interno.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física ou xurídica con relacións económicas co centro.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

-Formularios ou cupóns.

-Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica.

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo e teléfono.

-Datos de información comercial: actividades e negocios.

-Datos económico-financeiros: datos bancarios.

-Datos de transaccións: bens e servicios subministrados polo afectado e transaccións financeiras.

f) Cesións previstas.

-Ministerio de Economía e Facenda.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e Servicio Galego de Saúde.

h) Servicio ou unidade ante os que se poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-Pontevedra:

* Fundación Pública Hospital do Salnés.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.

5. Xestión de usuarios e passwords dos sistemas.

a) Finalidade e usos previstos do ficheiro.

Xestión e control de accesos ós sistemas UNIX e NT: dominio SERGAS e dominio SERGAS2.

b) Persoas e/ou colectivos afectados.

Calquera persoa física que teña relación laboral co Sergas e que sexa usuario dos sistemas informáticos.

c) Procedemento de recollida dos datos de carácter persoal.

-Formularios ou cupóns.

-Transmisión electrónica de datos/Internet.

d) Estructura básica

Base de datos.

e) Tipos de datos.

-Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos e teléfono.

-Datos de detalles do emprego e carreira administrativa: corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo e dirección do centro de traballo.

f) Cesións previstas.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

g) Órganos da Administración responsables do ficheiro.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Servicio Galego de Saúde

h) Servicio ou unidade ante os que poderá exercita-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación de datos dos afectados.

-A Coruña:

* Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

* Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

-Lugo:

* Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

-Ourense:

* Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

-Pontevedra:

* Fundación Pública Hospital do Salnés.

* Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo.

* Centro de Saúde López Mora.

i) Nivel de medidas de seguridade esixible: básico.