Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Mércores, 24 de outubro de 2001 Páx. 13.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 16 de outubro de 2001, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso de subministración, por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.

2. Obxecto: subministración de diverso material de construcción para a escola taller Santo Ángel IV.

3. Orzamento: seis millóns duascentas cincuenta mil (6.250.000) pesetas, (37.563,26 euros).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2001.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 237, do 16 de outubro de 2001.

Lugo, 16 de outubro de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo